O retorno da chuvia

Xa levamos unha tempada boa sen chuvia e semella que iso vai cambiar mañán, coa chegada dunha fronte antes do mediodía para arrefriar ó anticiclón que nos dominou estas derradeiras semanas. Porque seica tamén han de baixar as temperaturas, cousa doada á conta das rexistradas en días pasados. Ademáis, a entrada da fronte ven asociada a ventos de gama media, pero sempre superiores ás xornadas pasadas. Ponte Caldelas é o escenario perfeto.

As apostas en temperatura máxima están moi abertas e van dende os 15 ata os 22º C. Os valores para as mínimas oscilan entre11 e os 17º C., estas sí con grandes oscilacións. As precipitacións é o parámetro máis discutido, con valores que van dende os 3 ata os 35 litros. Mentras. os refachos de vento van dende os 21 ata os 67 km/h., sendo un parámetro tamén moi aberto.

Coma sempre será compricado de predicir vencedores con estas grandes diferenzas nos parámetros que non son a chuvia e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 02:30 horas do luns. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 02:30 da madrugada do domingo, o levar Meteogalicia 2 horas de retraso no aporte de datos.

As apostas:

O retorno da chuvia Ler máis »

Un vran en outono

Nesta 4ª xornada da Liga da Inverneira seguemos a pensar se realmente rematou o vran. Catro gotas acumuladas neste mes de outubro, temperaturas máximas case inconcebibles semana tras semana, mínimas que non permiten durmir con manta agás nas provincias de Lugo e Ourense e un tempo solleiro, con ventos mornos e mañanciñas xeitosas. Este resumo válenos para establecer vínculos co acontecido en A Armenteira este mesmo domingo, onde os valores semellan os de un final de agosto.

A temperatura mínima non se acadou na madrugada, senón xa ben entrada a noitiña con 13º C., alta para estar a mediados de outubro ainda estando ó carón do mar. Na sobremesa acadóuse a máxima diaria con 26º C., outra proeza a estas alturas. A presencia da chuvia estaba cantado que sería inexistente, como así foi. O vento marcou un refacho máximo de pouca consideración na madrugada con 22 km/h.

Froito destes datos atopamos un único vencedor, tamén cousa estrana. Kaltxon acada a súa segunda vitoria consecutiva con 58 puntos, desta vez en soidade, con gran egoismo san. Somentes deixou dous puntos atrás, en temperatura máxima e no vento, o que fala marabillas da súa predicción. A consecuencia disto, asume o liderato da xeral cunha renda nada desprezabel de 3 puntos sobre o antigo líder. Postúlase coma gran aspirante xunto a Botikas, Verducido e, por suposto, Magor, á espera das chuvias.

57 puntos para Rasdgar nunha gran xornada, onde só pecou lóxico con respecto á temperatura máxima. Pena do lastre collido na 2ª etapa, coma moit@s competidores. Ainda que navega polo posto 16, as sensacións que deixa son mellores que o que dicta a súa posición.

Ata 5 participantes comparten a 3ª mellor puntuación en A Armenteira, 56 puntos. A Xowi válelle para ascender ata a 6ª praza, afincándose no Top-10. Popolo colle confianza e escala ata a derradeira praza do Top-10, seguido de moi pretiño dun Michi que semella renacido nesta 12ª edición. Julio segue trepando pola xeral e xa se atopa na 13ª posición compartida. Lume, cun inicio un tanto frouxo, váise recuperando e acada o posto 25 compartido.

Con 55 puntos atopamos a Kalandrakas, que ocupa un meritorio 19º posto, Rasta compartindo a 6ª praza, Bar Pequeno, que segue a loitar contra unha etapa perdida e dentro dos destacados da xeral, Modesto coma podio de bronce e Beocha na 4ª praza asexando ós mellores da táboa.

Estes foron os 12 mellores competidores nesta etapa de A Armenteira. Para acadar tódolos datos recollidos na terceira etapa da XII Liga da Inverneira pica na ligazón baixo este texto.

Un vran en outono Ler máis »

Xuntanza no mosteiro

A 4ª etapa da XII Liga da Inverneira localízase ó carón do mosteiro de A Armenteira, no concello de Meis. Semella que o seu desenrolo vai estar marcado polo influxo do anticiclón, que seica lle colleu cariño á vertente noroeste española e deixa as precipitacións e as borrascas para o levante e o sur. Pouco movemento agardado para a clasificación xeral, pero ese puntiño de máis ou de menos pódese botar en falta cando a chuvia faga a súa aparición. Iso, máis a vitoria de etapa é o que está en xogo este domingo de outubro.

As apostas en temperatura máxima están moi pechadas e van dende os 22 ata os 26º C., cunha aposta á baixa de 18º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 8 e os 16º C., estas sí con grandes oscilacións. As precipitacións están carentes de cantidades por unanimidade á seca. Mentras. os refachos de vento van dende os 3 ata os 45 km/h., sendo un parámetro aberto ó máximo.

Coma sempre será compricado de predicir vencedores con estas grandes diferenzas nos parámetros que non son a chuvia e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 02:30 horas do luns. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 02:30 da madrugada do domingo, o levar Meteogalicia 2 horas de retraso no aporte de datos.

As apostas:

P. D. Retocóuse a aposta de Mingos a petición do interesado ó producirse un erro típico da xente con dedos grandes e o considerarse lóxica esta petición. De 33º trocóuse ós 23º actuais. O dito, lóxico. Revisa a túa aposta despois das 02:00 horas do sábado e avísanos antes das 18:00 horas dese mesmo sábado. Ollo, errores lóxicos. Non trocaremos de 22º a 25º, por poñer un exemplo. O equipo técnico da web examinará o caso e pronunciarase no menor tempo posible.

Xuntanza no mosteiro Ler máis »