Penúltima xornada

Dúas etapas restan para o remate da competición de primaveira e Güeppí é a que toca nesta semana. Lugar selvático onde pode non chover tanto coma cair 27 litros nunha hora como foi este xoves. A compricación da predicción pode apreciarse nas apostas, sobre todonas de chuvia.

As apostas en temperatura máxima están moi pechadas e van dende os 27 ata os 30º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 21 e os 23º C., moi pechadas tamén. As precipitacións móvense nun rango de moita amplitude de entre 1 e 29 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 6 ata os 23 km/h.

Semella compricado de predicir un vencedor e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, xa no noso luns ó amencer, para obter un resultado definitivo. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 10:30 da mañanciña do domingo, debido ás diferencias horarias co país andino. Para atopar os datos actualizados, busca no mapa (despois de descartar as estacións convencionais e deixar só as automáticas) Güeppí, a estación máis ó norte do país.

As apostas:

Penúltima xornada Ler máis »

Estreita xeral

Despóis de recibir os resultados da 7ª etapa da XI Liga de Primaveira podemos dicir que a xeral está máis axustada que nunca, con múltiples aspirantes nun escaso marxe de puntuación. Semella que a resolución desta competición vai quedar para a derradeira xornada e que se vai decidir por diferenzas mínimas. Pero ata chegar a ese punto, imos ver o que aconteceu en Puerto Bermúdez.

A temperatura mínima baixou na madrugada ata os 21º C., un valor que marcaron moit@s d@s apostantes. Pola tarde acadóuse a máxima diaria con 29º C., agardada tamén por moit@s. A presencia da chuvia foi inexistente e o vento marcou un refacho máximo de 1.5 m/s, 5 km/h. miserentos pero normais para zonas selváticas.

E destes datos saíu unha vencedora en soidade con 59 puntazos. Mina mallou as temperaturas e a chuvia e quedou a somentes 3 km/h. de vento de acadar un pleno. Moito tivo que remar para revertir as experiencias das etapas anteriores,case ridículas para o currículo que ostenta. Probablemente sexa tarde para a remontada pero esta gran vitoria non lla quita ninguén. Pasa a ocupar a posición 20.

Con 58 puntos atopamos outras dúas damas con pedigrí. Lume e Magor asinaron unha gran etapa, perdendo somentes 2 puntos en cadanseu parámetro. Poden estar satisfeitas do desenvolvemento realizado. Magor acada o posto 16 e Lume entra no Top-10 no derradeiro chanzo.

E ata 5 competidores suman a terceira mellor marca en Puerto Bermúdez con 57 puntos. Denodeno sube ata a 8ª praza, Compoñente Sur ata a 17ª, Breogán77 na 5ª, Kaltxon na 6ª e Bar Pequeno na 22ª. Polo que respecta a Breogán77 e Kaltxon, sitúanse a 6 e 7 puntos da cacheira respectivamente.

Semella que calqueira cousa pode suceder nestas dúas etapas finais para o remate desta Liga, cos 3 primeiros nunha marxe de 1 punto e os 5 primeiros en 6, polo que haberá que estar moi atentos o que aconteza nas citas que se achegan para o resultado definitivo. Estes foron os 8 mellores marcadores en Puerto Bermúdez. Para acadar tódolos datos recollidos na 7ª etapa pica no enlace baixo este texto.

Estreita xeral Ler máis »

Outra de selva

Antepenúltima xornada da XI Liga da Inverneira en Perú, desta vez na chaira amazónica, en Puerto Bermúdez, en Oxapampa. As diferenzas seguen a ser mínimas, polo que calqueira despiste pode ser funesto. Semella que pode ser unha xornada compricada pola posible presenza de tormenta, no que nesta zona do país pode significar nada ou unha litrada importante. Veremos cal é a situación no domingo.

As apostas en temperatura máxima están moi pechadas e van dende os 28 ata os 31º C. con dúas apostas á baixa de 22 e 24º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 18 e os 22º C. As precipitacións móvense nun rango de amplitude de entre 0 e 13 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 2 ata os 25 km/h.

Semella compricado de predicir un vencedor e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, xa no noso luns ó amencer, para obter un resultado definitivo. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 10:30 da mañanciña do domingo, debido ás diferencias horarias co país andino. Para atopar os datos actualizados, busca no mapa (despois de descartar as estacións convencionais e deixar só as automáticas) Puerto Bermúdez, ó norte da cidade de Pasco, na área central do país.

As apostas:

Outra de selva Ler máis »