Collendo distancias
O penúltimo chanzo na escada que leva á resolución das 2 cuestións do Torneo de Vran en Cachemira xogáronse en Bandi Abbaspur. Para a pregunta de quén levará o título, a resposta está máis clara que nunca. Despois da desaparición da loita por parte de Julio debido a un retraso inesperado, o novo líder Botikas colle unha marxe que pode ser suficiente para alzar o trofeo. Pola pelexa polos derradeiros postos que dan acceso á Ojete’s Cup, dúas damas da competición, Sarabia e Mina, contan con desbancar a Rasta e Popolo das súas posicións de privilexio. Esta batalla sería o normal, pero podemos ter retrasos, esquecimentos, erros na localización…
A temperatura mínima non baixou na madrugada dos 23º C., un valor que marcaron moit@s d@s apostantes. Pola tarde acadóuse a máxima diaria con 33º C., agardada tamén por menos xente. A presencia da chuvia, inexistente e o vento marcou un refacho máximo de 6.6 nós, 12 km/h.
E con 58 puntos atopamos o gañador, repetitivo como o choruzo ceboleiro, Botikas. 3ª vitoria nesta edición, errando somentes na predicción da chuvia. Colle 4 puntos sobre o segundo posto e 5 sobre o terceiro, o que lle da unha vantaxe case definitiva. Ainda que tod@s poden ter un mal día… Sinalar tamén a Popolo, do que falariamos de vitoria compartida se non asinase un retraso na aposta e de seguro evitaría unha derradeira xornada para defender o posto na Ojete’s Cup. Ay, menuda cacholiña!!
Na segunda praza, con 57 puntos ven Verducido, que non se arreda do liderato pero que ten unha desvantaxe clara para acceder á vitoria final. Kaltxon metéuse nos cacheiras de serie para a Ojete’s Cup e ten a tiro mellorar a posición na derradeira xornada en Garhi Dupatta.
56 puntos para Landrán que, dentro do Top-16 comparte posto con dous competidores. Compoñente Sur, no Top-8 ainda pode mellorar posición, no mesmo caso que Lume. Beocha, pechando o Top-3 pode asaltar a segunda praza de Verducido.
Estes foron os 7 mellores competidores nesta etapa de Bandi Abbaspur. Para acadar tódolos datos recollidos na derradeira etapa do XI Torneo de Vran pica no enlace baixo este texto.
Sorte e clima!!
Na busca de posición
Penúltima xornada do Torneo de Vran de 2025 coa necesidade de atopar un burato entre os 16 mellores e marcada polo retraso do líder da xeral, que abre unha porta ós seus persecutores para tentar a vitoria final en Cachemira.
As apostas en temperatura máxima están moi abertas e van dende os 29 ata os 35º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 20 e os 28º C., tamén cunha grande oscilación. As precipitacións móvense nun rango de gran amplitude de entre 0 e 4 litros, coa metade dos participantes en sequía, mentras que os refachos de vento van dende os 8 ata os 38 km/h.
Semella compricado de predicir un vencedor e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 21:00 horas do domingo. Para obter un resultado definitivo deberemos de agardar ata as 05:00 horas da madrugada, cando se actualizan os datos de chuvia e vento (cousas da axencia meteorolóxica pakistaní). Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 10:30 da noitiña do sábado, debido ás diferencias horarias co país asiático.
As apostas:


Saúde e sorte!!
Troco de destino

Dende eltiempoentuojete queremos dar conta do troco da estación presentada para esta semana. A estación meteorolóxica de Hajira non presenta nengún tipo de dato con respecto ó vento, polo que nos vemos na obriga de sustituila por outra en condicións de traballo de tódolos parámetros. Esta non é outra que a correspondente á derradeira xornada, Bandi Abbaspur, que de ser consignada coma 5ª etapa pasa a ser a 4ª, polo tanto en xogo esta fin de semana. Continuaremos atentos ó comportamento de Hajira, e de ser un erro momentáneo sería a nosa derradeira xornada. Se continúa sen aportar todos os datos necesarios buscariamos outro destino cun comportamento fiable.
Sentimos ter que dar malas noticias e agardamos non sexa un problema na hora de presentar as vosas apostas. Preferimos trocar o destino canto antes para evitar complicacións no último momento. Reiteramos as nosas desculpas e…
Sorte e clima!!



