Troco na 3ª etapa

aviso de troco

A localización da 3ª etapa tivo que ser trocada pola falta de datos de vento da orixinal, Huancullo. Pasa a ser oficial a de Casaccancha (nome da estación), na localidade de Ccasacancha. Os trocos están xa arranxados no Calendario máis na xornada actual. De atopares algún erro, pregámosvos que o comuniquedes no noso enderezo electrónico eltiempoentuojete@gmail.com.

Desculpas e sorte!!

Troco na 3ª etapa Ler máis »

Naturalmente empantanados

Nova xornada da Liga de Primaveira en Perú e seguimos a máis de 4000 metros de altitude e de novo nunha lagoa, desta vez na de Vilacota, por iso o de pantano natural. As temperaturas semella que poden batir records despois dunha madrugada de venres cunha mínima de -10º C. Seica a chuvia vai ser pouca ou nula, de acordo coas prediccións dos apostantes e tamén parece que o vento vai ser cativo. Aprécianse grande variedade nas apostas.

As apostas en temperatura máxima están estabilizadas e van dende os 7 ata os 13º C. Ainda que nos atopamos cunha aposta de 19º C., que non semella acorde cos máis de 4000 metros da estación. Os valores para as mínimas oscilan entre -7 e os 1º C., tamén cunha aposta soicida de 7º C. As precipitacións móvense nun rango de entre 0 e 2 litros, con maioría de baleiro no pluviómetro, mentras que os refachos de vento van dende os 11 ata os 64 km/h.

Estamos ante unha xornada cun resultado moi difícil de predicir ó atopar moitas diferenzas entre valores apostados e o marxe é amplo. Non semella doado augurar un vencedor, pero o certo é que imos telo. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 10:30 da mañanciña do domingo, debido ás diferencias horarias co país andino, ata o final do día alá, xa na mañán do luns. Para atopar os datos actualizados, busca no mapa (despois de descartar as estacións convencionais e deixar só as automáticas) Vilacota, a máis ó norte dun conxunto de estacións ó suroeste da cidade de La Paz (Bolivia), no leste da área sur do país.

As apostas:

Naturalmente empantanados Ler máis »

Nos dominios do cóndor

Etapa inaugural na Lagoa de Sibinacocha e primeira labazada hídrica neste glaciar andino. Na madrugada caeu pouco máis de medio litro que semellaba que a gran maioría dos apostantes que escolleron 1 litro coma opción non andaban errados. Na seguiente hora rexistráronse 6.5 litros, augurando que seica a aposta soicida non iba mal encamiñada. Pero así remataba o conto da chuvia. Pero ainda restaban os puntos da temperatura e do refacho de vento…

A temperatura mínima chegou na madrugada ata o -1º C., un valor que marcaron moitos d@s apostantes. Pola tarde acadóuse a máxima diaria con 5º C., agardada somentes por 2 meteoludópatas. Os 7 litros de chuvia non estiveron nin preto do apostado e o vento marcou un refacho máximo de 5,1 m/s, 18 km/h. unha marca que axudou a definir os vencedores do día.

E foron dous. Rasdgar e Landrán acadaron os 53 puntos, que non semella moito pero que valen unha vitoria compartida. Rasdgar andivo fino nas temperaturas e no vento e deixando 5 puntos na chuvia. Máis atinado na auga estivo Landrán, que tivo perda equitativa nos seus parámetros. Vitoria e liderato na etapa a maior altitude nunca xogada en eltiempoentuojete, superando á Villa Imperial de Potosí, aló polo 2014. Xa estades na historia…

52 puntos para Michi e Breogán77 con apostas semellantes, do mesmo xeito que os resultados. Ocupan a 3ª praza compartida na xeral e apuntan alto nesta edición primaveral.

4 participantes con 51 puntos, na 3ª mellor puntuación da xornada de Sibinacocha. Botikas, Lukas, Xowi e Sarabia son vellos coñecidos e non estrana atopalos entre os mellores. A experiencia é un punto a favor.

E 3 grandes competidores nat@s con 50 puntos pechando o 11 de magníficos nesta 1ª etapa. Lume, Julio e Beocha. Levan tempo tentando gañar unha das 4 grandes competicións de eltiempoentuojete e sitúanse preto da cacheira na procura do éxito.

Estes son os 11 primeiros nesta etapa inaugural da Liga de Primaveira no Perú. Se non estás entre eles e queres saber cómo te foi e onde estás situado na xeral, preme no enlace que ofertamos baixo este texto para acadar toda a información recollida.

Nos dominios do cóndor Ler máis »

Cacheira ben alta

Iniciamos unha nova aventura meteorolóxica, desta vez no continente sudamericano. 26 xogadores presentados no venres disputarán a 1ª etapa, a 4880 metros de altitude, na coerdilleira andina, na Lagoa de Sibinacocha. A primeira tanda de xornadas vanse disputar a grande altitude, nos Andes, antes de baixar ata a planicie selvática amazónica pertencente ó Perú. Non semella doado como comezo…

As apostas en temperatura máxima están estabilizadas e van dende os 4 ata os 8º C. Ainda que nos atopamos cunha aposta de 18º C., que non semella acorde cos case 5000 metros da estación. Os valores para as mínimas oscilan entre -5 e os 0º C., tamén cunha aposta soicida de 6º C. As precipitacións móvense nun rango de entre 0 e 3 litros, con outra destemida predición de 14 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 12 ata os 64 km/h.

Estamos ante unha xornada cun resultado moi difícil de predicir ó atopar poucas diferenzas entre valores apostados e o marxe é mínimo. Non semella doado augurar un vencedor, pero o certo é que imos telo. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 10:30 da mañanciña do domingo, debido ás diferencias horarias co país andino, ata o final do día alá, xa na mañán do luns de Pascua. Para atopar os datos actualizados, busca no mapa (despois de descartar as estacións convencionais e deixar só as automáticas) Sibinacocha, nun conxunto de lagóas á dereita da cidade de Cuzco, no leste da área central do país.

As apostas:

Sorte e clima!!

Cacheira ben alta Ler máis »