A medio torneo
As dúbidas do troco de dirección pode que fosen determinantes para algúns participantes, pero en igualdade de condicións, os resultados xa son inamovibles. Rematada a etapa en Ghalanai, temos por diante unha nova rolda, a terceira, que nos achega máis ainda á resposta final da Ojete’s Cup en Pakistán neste 2025.
A temperatura mínima acadou na madrugada os 23º C. Pola tarde acadóuse a máxima diaria con 32º C. A presencia da chuvia, inexistente na madrugada, trocou nas primeiras horas da mañanciña, onde se formaronn a treboadas e ocurriu o inesperado. 15 litros en apenas 2 horas que modificaban totalmente os marcadores dos emparellamentos. O vento marcou un refacho máximo miserento de 9.3 nós, 17 km/h.
A vitoria foi para Compoñente Sur, que daba a sorpresa vencendo de longo a un dos favoritos ó título. Verducido, que defendía o trofeo rendéuse ante a diferenza de 9 puntos. Compoñente Sur mostrou precisión nas temperaturas, foi dos mellores na auga e somentes perdeu un punto no refacho para un total de 50 puntos, vitoria e o acceso a semifinais.
Julio é outro dos que acadan praza na penúltima rolda dos invictos ó gañar desafogadamente a Marius por 45 puntos a 41. Mellorou tódolos parámetros para seguir cunha gran racha nesta a súa mellor tempada.
Máis axustado foi o resultado que deu o pase a Kaltxon, que con 42 puntos derrotou a outra favorita, Beocha, que rematou, 2 puntos por baixo con 40 puntos. Tamén neste enfrontamento foi decisivo o parámetro da chuvia.
Onde non foi tan decisivo foi na vitoria de Botikas por un só punto ante Bar Pequeno, que de novo estivo a piques de deixar en evidencia ó cacheira de serie número 1. 40 puntos a 39, o menor marcador conxunto da xornada. Pero pode respirar Botikas, outro nas semifinais.
Pola cara B do cadro, Breogán77 superou a Rasta con solvencia e suspira aliviado ó conseguir unha vitoria a falta de 2 xornadas, a que terá que buscar Rasta e sobrepoñerse a 2 derrotas.
Tamén sorriso na faciana de Denodeno despois de superar a Víbora no desempate por refacho. Similares diferenzas nas temperaturas, mesma cantidade de auga e o refacho que decide cara Denodeno, que busca a final B.
Tamén con rexistros similares venceu Sarabia, con 46 puntos, a Xowi con 45 puntos, que deberá buscar a sorte nas etapas que restan, mentras Sarabia camiña cara a final de consolación.
Popolo con 47 puntos non tivo problemas para sumar a vitoria ante Landrán, ó que lle meteu 9 puntos polo medio, gran parte na pluviosidade e tamén nas temperaturas. Moi forte para Landrán.
Polo tanto, semifinais entre Botikas-Julio e Compoñente Sur-Kaltxon. Na busca do 5º posto, Bar Pequeno-Marius e Verducido-Beocha. Na procura da final B, Breogán77-Denodeno e Sarabia-Popolo. Ainda na caza dunha vitoria, Víbora-Rasta e Xowi-Landrán.
Este foi un pequeno desglose da 2ª rolda de competición na Ojete’s Cup 2025. Para atopar tódalas referencias do acontecido en Ghalanai, preme no botón de enlace ós resultados, onde tamén atoparás o seguinte cadro de competición, cos enfrontamentos de 3ª rolda.
Saúde e clima!!
2ª xeira
Tivemos que trocar de etapa para esta segunda rolda de enfrontamentos da Ojete’s Cup e a escollida foi a que se atopaba preparada para a 3ª rolda. Ghalanai é o teatro de operacións desta fin de semana e, con poucos datos que se puideron recabar, pode ser toda unha lotaría.
As apostas en temperatura máxima están moi abertas e van dende os 26 ata os 34º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 18 e os 26º C., estas sí cunha grande oscilación. As precipitacións móvense nun rango de amplitude de entre 1 e 7 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 10 ata os 35 km/h.
Destacan sobre o resto as loitas por entrar en semifinais, con Botikas-Bar Pequeno, Julio-Marius, Verducido-Compoñente Sur e Beocha-Kaltxon, con apostas moi similares que fai que sexa compricado adiantar un resultado. Sen esquecer o resto de enfrontamentos pola cara B do cadro.
Semella compricado de predicir un vencedor e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 21:00 horas do domingo. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 10:30 da noitiña do sábado, debido ás diferencias horarias co país asiático.
As apostas:


Saúde e sorte!!
Estación choca

Dende eltiempoentuojete queremos dar conta do troco da estación presentada para esta semana. A estación meteorolóxica de Ziarat non presenta nengún tipo de dato dende fai varios días, polo que nos vemos na obriga de sustituila por outra en condicións de traballo de tódolos parámetros. Esta non é outra que a correspondente á derradeira xornada, Ghalanai, que de ser consignada coma 3ª etapa pasa a ser a 2ª, polo tanto en xogo esta fin de semana. Continuaremos atentos ó comportamento de Ziarat, e de ser un erro momentáneo sería a nosa próxima xornada. Se continúa sen aportar todos os datos necesarios buscariamos outro destino cun comportamento fiable.
Sentimos ter que dar malas noticias e agardamos non sexa un problema na hora de presentar as vosas apostas. Preferimos trocar o destino para evitar complicacións. Reiteramos as nosas desculpas e traballamos para evitar estas situacións.


