Nocturnidade e aleivosía
Da mesma forma que en Corrubedo, ata as 10 da noite do domingo, semellaba que eramos uns virtuos@s da predicción meteorolóxica. Pero non foi así. O resultado no Penedo do Galo foi a suma do acontecido na escuridade e con aleivosía. Os datos de temperatura máxima e mínima semellaban inamovibles dende a madrugada. O mesmo sucedía coa chuvia e o refacho. Este último foi, xunto á temperatura máxima o que non se remexeu en todo o día. Amenceu e os datos non mudaban. Semellaba definitivo o resultado final. Pero ahí foi onde resucitou Gabrielle, esa borrasca descartada polas axencias e que deu un novo rumbo á etapa. Baixou a temperatura, ainda que somentes un grado. Pero a chuvia apareceu e batéunos nos dentes para despertares do noso soño con 10 litros que ninguén agardaba.
A temperatura mínima acadou na noitiña os 12º C. Na madrugada acadárase a máxima diaria con 14º C. Amplitude térmica baixísima. A presencia da chuvia activóuse nas derradeiras horas deixando 10 litrazos. O vento marcou un refacho máximo de consideración tamén na madrugada de 53 km/h.
Pero o resultado final ven sendo repetitivo. Con 48 puntos, Botikas levou a vitoria en soidade e semella que nesta edición non quere sorpresas coma na pasada. Perdeu 3 puntos nas temperaturas, 9 na chuvia e mallou o refacho para acadar o seu segundo trunfo nas 2 xornadas desputadas. Por suposto, lidera a xeral. O dito, non quere sorpresas.
Un punto por baixo, con 47puntos , Verducido e Kaltxon, coa mesma puntuación en temperatura, pero con un punto máis para Kaltxon na pluviosidade, que contrarrestou Verducido mallando o refacho. Ocupan posición xusto detrás de Botikas e tamén semellan moi metidos na competición.
46 puntos para M.B.Joaquín, Beocha e Marius. Con puntuacións moi estables en tódolos parámetros, agás M.B.Joaquín, con grave perda na máxima recuperada coa maior aposta de chuvia dos participantes. O mellor inicio da súa carreira, no Top-10 a 4 puntos do liderato. Beocha comparte a 3ª praza con Kaltxon, a 3 puntos do líder e Marius está no grupo coa 4ª mellor puntuación. Moi activos neste inicio de Liga.
Sumando 45 puntos atopamos a Modesto, Landrán e Julio. Os dous primeiros no Top-10 e Julio que tamén estaría na lea se non fose pola penalización do primeiro día. De seguro que non tardará en acceder ó grupo dos mellores, ainda que a cacheira da xeral semella cara este ano.
Na xeral, a diferencia entre o líder e o 9º posto é mínima, de 6 puntos, que poderían ser menos de non pinchar, entre comillas, Xowi, vencedor compartido en Corrubedo. Pero o Top-10 está cheo de grandes figuras e aspirantes, con Modesto e M.B.Joaquín coma estrelados invitados na busca de asombrar ás vacas sagradas da competición.
Estes foron os 9 mellores competidores nesta etapa de Penedo do Galo. Para acadar tódolos datos recollidos na segunda etapa da XII Liga da Inverneira pica na ligazón baixo este texto.
A polo hit!!
Nas terras do vento
Segundo asalto desta XII Liga da Inverneira, desta vez trocamos ata de provincia, para achegarnos ata a costa luvense, no concello de Viveiro, na estación de Penedo do Galo, un referente nos refachos de vento da comunidade galega. A ameaza de borrasca quedou en nada, ou case nada pola oposición do anticiclón, pero ainda así temos ante nós unha etapa que non será un camño de rosas, ainda que tampouco unha toxeira. E non nos esquecemos de saudar moi cordialmente a Bar Pequeno, que perdeu a etapa inaugural na súa casa, Corrubedo. Benvido á túa casa!!
As apostas en temperatura máxima están moi abertas e van dende os 15 ata os 22º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 11 e os 17º C., estas tamén con pequenas oscilacións. As precipitacións móvense nun rango de amplitude de entre 0 e 4 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 11 ata os 65 km/h.
Coma sempre será compricado de predicir vencedores con estas grandes diferenzas e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 02:30 horas do luns. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 02:00 da madrugada do domingo, o levar Meteogalicia 2 horas de retraso no aporte de datos.
As apostas:


Saúde e sorte!!
Amosando a calidade
Deu comezo a XII Liga da Inverneira de Galicia, de novo no concello de Ribeira, na mítica estación de Corrubedo. E sendo unha etapa cunha probabilidade de chuvia morniña, os resultados foron espectaculares. Somentes os 3 penalizados estiveron por baixo dos 50 puntos, e dous deles, de cumpriren os prazos, estarían no Top-10 en Corrubedo. Non sendo Julio, os grandes aspirantes ó título apíñanse en menos de 5 puntos, cinguidos polo resto de candidatos caladiños para non espertar sospeitas. Incluso temos que felicitar ós morróns, eses novatos de 1º ano. A calidade das apostas estivo por riba de calqueira espectativa imaxinada.
A temperatura mínima acadou na madrugada os 12º C. Na tardiña acadóuse a máxima diaria con 319º C. A presencia da chuvia non foi acusada nin sequera na humidade, a seca foi predominante. O vento marcou un refacho máximo de consideración con respecto a este país de 40 km/h.
E deste xeito atopamos os primeiros vencedores da tempada de outono. Ata 3 concursantes, a cada cal nun momento máis distinto, acadaron os 59 puntos, preto do pleno que aquí xa se acadara fai un par de tempadas. Botikas, recente gañador da Ojete’s Cup en Pakistán, Xowi, que concluíu coma derradeiro clasificado e Mingos, desaparecido durante o vran, foron o trío triunfante nesta etapa inaugural. Mallaron por igual as temperaturas e a pluviosidade, deixando menos de 5 km/h do bingo en refacho, nunha exhibición de predicción nostradámica. Encabezan a primeira posición da xeral en Corrubedo.
Con 58 puntos e un desenvolvemento notable no concello de Ribeira, sítúanse un punto por tras Verducido, Beocha e Modesto, que durante un breve periodo de tempo foron líderes desta xornada. Díxitos moi axustados para situarse no Top-10 agochados á espera do erro dos destacados. Verducido e Beocha sempre aspirantes e Modesto coa nasa lanzada.
No terceiro grupo, con 57 puntos, tamén atopamos candidatos que precisan dar un paso adiante. Marius, Landrán e Kaltxon son eternos rapaces de ouro á espera de eclosionar. Temperaturas con xeito pero dos que se agardaba máis, ainda con predición xeral resultona. Neste grupo colóuse M.B.Joaquín, gran xogador de etapas soltas con chuvias torrenciais que nesta ocasión completou unha grande etapa en seco. Completan o Top-10 desta aperura nas montañas de area.
Estes foron os 1o mellores competidores nesta etapa de Corrubedo. Para acadar tódolos datos recollidos na primeira etapa da XII Liga da Inverneira pica na ligazón baixo este texto.


