A recta final

A X Liga da Inverneira de eltiempoentuojete chega ó seu derradeiro tramo co desenvolvemento das 5 etapas finais na busca dun gañador final. Esta parte comeza coa etapa no concello de Cedeira e a súa estación mítica de Punta Candieira. Non semella que vaian mudar moito as cousas a partir do que nos din as prediccións, que auguran temperaturas mornas, vento frouxo e pouca precipitación, pero o certo é que nestas alturas cada punto conta moito e o resultado final pode amosar un pouco de luz cara vindeiras etapas.

As apostas para as temperaturas máximas van dende os 14 ata os 17º C. Pola parte das mínimas atopamos valores entre os 9 e os 13º C., cunha aposta refrixerada de 5º C. As cantidades de chuvia a recoller están entre os 0 e os 4 litros, cunha aposta enchoupada nos 12 litros. Os refachos de vento apostados oscilan entre os 13 e os 69 km/h., sendo o máis aberto dos parámetros xogados.

Tendo en conta estas apostas estamos ante unha etapa moi interesante e que non deberías deixar de seguir ao vivo dende este enlace, esta mesma madrugada dende as 01:40 horas e dende a mañanciña do domingo ata o final da xornada. A Liga en xogo dende eltiempoentuojete.

A recta final Ler máis »

A volta da chuvia

Volveu a chuvia a eltiempoentuojete nesta 21ª xornada desputada nun dos templos galegos da precipitación, Fornelos de Montes. Non foron os máis de 50 litros que se rexistraron durante a semana, pero semella rematou a seca que se extendeu por varias semanas. A falta de somentes 5 xornadas hai loitas en tódolos frentes da clasificación xeral, ainda que algúns xa se comezan a definir, quedan etapas moi importantes por diante e ainda non se fixo testamento.

A noite comezaba fria, rexistrando á temperatura mínima do día con 4º C. Inicióuse tamén a chuvia con apenas un par de litros, mentras a temperatura máxima subía ata os 8º C. no mediodía, cando o vento acadaba os 43 km/h. Pero das 21 horas en diante principiaba a romaría, coa volta da chuvia, que finalmente marcou un valor total de 8 litros. A temperatura tamén subíu, chegando ata os 10º definitivos, mentras o vento, miudiño miudiño chegou a acadar os 50 km/h. a falta de 10minutos para o remate da xornada.

Despois deste final axitado celebramos un gañador en soidade, Breogán77 con 57 puntos, mallando a chuvia e rozando o pleno no resto de parámetros. Mantén a derradeira posición do Top-10 pero recorta 3 puntos co 9º. Grande Breogán!!

56 puntos para Víbora e para Magor. Víbora loita con Breogán77 pola mesma praza e non se descoidou, perdendo somentes un punto sobre o gañador e ampliando a marxe sobre os persecutores. Magor sube ata a praza 17 a somentes un punto de acadar outro chanzo máis na súa escalada. Boa xornada para ambos.

Kaltxon, Popolo, Compoñente Sur, Michi, Xowi e Lume fixeron 55 puntos. Kaltxon volve axexar a Botikas polo liderato mentras semella que ambos deixan atrás a Verducido, dagnificado en Fornelos. Achégase a só un punto da súa antiga praza privilexiada e semella que dará loita ata Xesteiras. Xowi e Compoñente Sur seguen en dura loita dentro do Top-10 e anhelan un Top-5 que ven cada vez máis preto das súas aspiracións. 6º e 8º respectivamente. Popolo e Michi perderon folgos nas derradeiras datas pero semella que volven ó rego e tentarán superar un Top-20 que se lles queda curto para a súa extensa traxectoria. Lume, que busca de preto ese mesmo Top-10, tamén busca unha vitoria que se lle resiste nesta edición, sendo como é unha das grandes neste capítulo do xogo.

Estas son as 9 mellores puntuacións da 21ª xornada en Fornelos. Para obter toda a información do acontecido este domingo, pica no enlace que ofertamos embaixo estas letras e prepara ben a seguinte (en Punta Candieira) que queda pouco e non podes rematar así (bueno, Botikas firmaría).

A volta da chuvia Ler máis »

Problemas técnicos

Dende eltiempoentuojete queremos pedir desculpas pola non publicación do resumo previo á xornada do domingo en Fornelos. Problemas técnicos da web impedíunos a presentación do sumario típico da víspera e, xa de madrugada nestes momentos non podemos facer máis que referir ós datos do Horario de apostas e redirixirvos á Etapa ao vivo (pulsa sobre o texto coloreado).

Comentar que en nada afecta á libre circulación de datos polo que a etapa de Fornelos desenvolverase con normalidade (ou iso agardamos). Nestes momentos xa están actualizados os rexistros recabados a esta hora e para máis exactitude emplazámosvos á mañanciña deste domingo onde a actualización dos datos será contínua ata o final da xornada.

Agradecemos a vosa comprensión.

Problemas técnicos Ler máis »