Pendendo dun fío

Así está a estación sustituta, O Xistral, nestas últimas horas. Recentemente comezou a deixar de enviar datos e na actualidade semella estar varada. Agardamos que sexa un problema de conectividade de datos e non un faio de funcionamento da propia estación. Xa veremos se o luns a mediodía contamos con datos válidos para o desenvolvemento da 12ª etapa da Liga da Inverneira.

Polo que atangue ás apostas, pódese apreciar unha gran variedade de datos, non tanto nas temperaturas como nas cifras de pluviosidade e refachos de vento. O Xistral está entre as estacións máis ventosas da comunidade e unha das máis chuviosas do norte da provincia de Lugo. Podemos ter unha gran etapa climatolóxicamente falando. O único malo é a incertidume do funcionamento das estacións desta zona nas derradeiras datas.

No parámetro das temperaturas máximas observamos valores que van dende os 11 ata os 17º C. Tamén moita marxe nas mínimas, con apostas entre os 7 e os 13º C. Polo que respecta á pluviosidade, as cifras varían dende os 2 ata os 14 litros. E no que atinxe ós refachos de vento, os números oscilan entre os 21 e os 119 km/h. Pódese chegar a perder ata a camisa nalgúns casos…

Con esta diversidade de apostas podemos predicir para mañá unha xornada moi intensa e que non deberiamos perder no seu desenvolvemento. Agardamos poder seguila ao vivo dende este enlace a partires das 02:00 horas desta mesma madrugada e con rigor temporal dende a mañanciña deste domingo (se a estación o permite). Se Meteogalicia nos deixa, non deberías perdela.

Pendendo dun fío Ler máis »

Novo troco

aviso de troco

De novo temos que pedir desculpas por un faio continuado nunha estación. Contabamos con desputar a xornada perdida de O Xipro nesta semana, agardando que se arranxaran os problemas da estación e poder desputar dita etapa unha semana máis tarde. Despois de comprobar que ainda están sen solucionar os faios, non imos agardar máis na espera dun arranxo. Para que non se repita o troco no último día da derradeira semana, procedemos a facer a mudanza xa. O novo destino é unha vella coñecida de fai un paar de tempadas, cando sustituiu a Cuntis coma derradeira xornada da VII edición da Liga da Inverneira. O Xistral, na serra do mesmo nome e no concello lucense de Muras é a escollida.

Xa tedes os trocos de enlaces amañados para non vos perder nin detalle desta estación que se estrea nun mes de decembro.

Reiteramos as disculpas e prometemos queixarnos ante Meteogalicia polas afrentas a esta nosa competición. Preparade ben a batalla, os datos xa os tedes ahí.

Novo troco Ler máis »

Da dualidade platónica ao tormento e o extase (Popolo)

Non era por estar avisados, nin por chamadas a calma, o feito parece ser que nalgunhas etapas a xente di simplemente: FESTA!! E eso foi o que pasou na xornada de onte. As cousas comenzaran raras cando houbo que facer o cambio do Xipro, na Fonsagrada, polo Monte Marroxo, en Monforte , e descoñecemos si polas néboas do Cabe ou algunha circunstancia todavía a estudar , un grupo, que exceptuando a Mina, movíanse pola parte morna da táboa clasificatoria, decidiron apostar forte pola chuvia que presumiblemente chegaría na última parte do día .

Chegar chegou, máis o pluviometro non encheu o suficiente, e ao final, o grupo de apostantes que fixo prediccións arredor dos 15 litros quedaron moi por riba das cifras que ao final recolléronse, os cinco litros finais. Foi a chuvia quen cimentou unha vitoria de etapa donde Botikas e Vibora conqueriron os 55 puntos, seguidos de perto por Verducido, Kaltxon e Breogan77, cuns meritorios 54 puntos.

Estes guarismos fixeron que a xeral manteña un apertado combate nos tres primeiros postos, con Katxon e Botikas compartindo a primeira posición, ameazados de preto por Verducido e da que Mina descólgase da loita polo podio debido a falta de chuvia no Marroxo.

Gracias a súa boa man coa chuvia, resisten nos dez primeiros postos Vibora, Beocha, Breogan, Landrán, Balboa e Compoñente Sur. Caense dos postos de privilexio, Xowi e Mutombo, este último un dos grandes afectados pola magna aposta pluviométrica, xunto con Popolo ou Kalandrakas, que por enriba, penaliza por chegar tarde desplomándose na clasificación.

Manterémosvos informados sobre as novas da vindeira etapa.

Da dualidade platónica ao tormento e o extase (Popolo) Ler máis »

Dualidade platónica

Volvemos pedir disculpas polo tardío troco de estación para esta 11ª xornada da Liga da Inverneira. A estación meteorolóxica de O Xipro, en A Fonsagrada, escachou no derradeiro momento e a piques estivemos de neutralizar a etapa, ou ben xogar e agardar a ver se traballaba coma debía. Pero no último momento optamos por facer un troco e non deixar ó chou o desenrolo da xornada. E pode ser que atinásemos, porque hoxe ainda non rendía ó 100%. Segue sen amosar datos dende as 24:00 ata as 09:00 horas en nengún parámetro. Se faiase en só un deles, poderíamos levar a bo fin a xornada, pero agardando chuvia e vento mellor non arriscar e ver se traballa o fin de semana vindeiro.

Polo tanto este domingo imos para Monforte de Lemos e a súa estación de Marroxo. E como dicía Platón temos que falar dunha dualidade no que atingue ás apostas da xornada.

Nin tanto “arre” que fuxa nin tanto “xo” que pare

Polo que respecta ás temperaturas todo semella normal. As máximas establécense entre os 7 e os 12º C. Para as mínimas atopamos valores de entre os 6 e os -1º C. Pero a cousa muda cando falamos da chuvia acumulada. Dous grandes grupos de aposta difiren entre os que apostan dende os 6 litros ata a seca absoluta e os que pensan que choverá máis aló dos 13 litros. Polo medio, nada que sinalar. Haberá que ver cal dos dous grupos leva a razón, porque diso dependerán os movimentos na clasificación xeral. A gran maioría do Top-10 opta pola gama baixa, pero poden perder esa condición se a chuvia chega na derradeira hora de forma masiva. E dentro dese Top-10 tamén atopamos voces discordantes que poden beneficiarse moito se o resultado lles é favorable. No eido dos refachos de vento tamén moitos contrastes, con apostas que van dende os 17 ata os 71 do líder. Moito ollo tamén con este parámetro que pode marcar moitas diferenzas.

Se eu fose tí non perdería detalle do que aconteza mañá. No meu caso vóuno seguir ao vivo dende este enlace ou dende o que presentamos no Acceso rápido no menú principal. Como dicía un vello “isto pode ser un equinossio”. Pode ser un importante punto de inflexión no devir da competición. Recorda que os primeiros datos se ofertarán cara as 02:00 horas desta mesma madrugada e dende a mañanciña do domingo de xeito ininterrumpido (ou case) ata o final da etapa.

Pica para agrandar
Pica para agrandar

Dualidade platónica Ler máis »