Lardeira, 20ª etapa da X Liga da Inverneira, é a derradeira da xeira montañosa polas provincias orientais do país. Esta despedida localízase a máis de 1600 m. de altitude ás beiras dos irmáns leoneses. É unha das zonas máis ventosas de toda Galicia e ainda encabeza a lista das etapas con máis vento rexistrado en eltiempoentuojete. Mais semella que nesta ocasión non vai batir o seu propio record. Agardase unha nova xornada anticiclónica, con temperaturas por riba do normal nesta época do ano, sen chuvia e cun vento frouxo que seguro dará lugar a néboas nos vales colindantes. Non semella que na clasificación xeral vaia a haber disturbios pero como xa sabemos, cada punto pode ser un imperio.
As apostas para as temperaturas máximas oscilan entre os 10 e os 17º C., bastantes diferenzas para unha xornada deste tipo. Polo que respecta ás mínimas, atopamos valores entre os 2 e os 7º C. Sen sinais de chuvia, os refachos de vento van dende os 7 ata os 46 Km/h.
Con estes datos, coma sempre, necesitamos un gañador e o lunes á maña podería ser o teu nome o que encacheire o listado. Podes seguir a etapa ao vivo dende este enlace a partires da 01:40 desta mesma madrugada e, en horario contínuo, dende a mañanciña do domingo ata o remate da xornada. Non agardes a que cho conten!!
As apostas:

