Non se moveu demasiado a xeral no seu conxunto nesta etapa anticiclónica desputada en Lardeira esta fin de semana. O que sí se acadou foi o rexistro mínimo de refacho de vento en toda a historia desta estación en eltiempoentuojete. Isto sumado a unhas temperaturas mornas e á carencia de chuvia fixo que apenas atopemos trocos na Clasificación Xeral. Pero os pequenos movimentos tamén contan e poden ter a súa relevancia na derradeira etapa. Agora baixamos cara a provincia de Pontevedra, a un dos santuarios da chuvia en Galicia e semella que nos vai acompañar durante a fin de semana.
A temperatura mínima marcóuse cedo cun rexistro de 5º C. que se mantivo ata o remate da xornada. A máxima chegou ata os 11.5º C. cara o mediodía, estando por baixo da maioría das apostas. Sen noticias da chuvia o refacho de vento quedou nuns miserables 21 km/h. sinalados na madrugada do domingo.
Con estes rexistros temos un único gañador en Lardeira con 58 puntos. É incrible que Landrán siga no Top-10 da xeral con duas penalizacións enriba e que ainda esté en disposición de loitar polo Top-5. Logrou 19 puntos nas temperaturas e outros tantos no vento, e por suposto mallou a pluviosidade. Segunda vitoria na Liga, as duas en soidade e empata na 7ª praza con Xowi. De non chegar tarde nesas duas etapas estaría na 5ª praza e pedindo máis. De calqueira forma, parabéns pola vitoria e pola traxectoria nesta edición.
A segunda mellor marca da xornada, con 57 puntos, corresponde a Marius e a Julio. Grande desempeño dos dous. Marius mantén a 5ª praza e recorta 3 puntos a Beocha na 4ª. Boa traxectoria nesta segunda volta e con altas perspectivas na espera da chuvia. Julio pola súa parte sube ata a posición 19 con vistas a varios próximos obxectivos e pode dar un pulo neste derradeiro tramo de competición.
Aportan 56 puntos o líder Botikas, Xowi e Balboa, grande resultado para eles. Botikas amplía a sús diferencia sobre Kaltxon e Verducido, quedando 5 puntos por riba deles. Xowi sube un posto ata o 7º e semella moi activo despois de gañar en O Cebreiro. Balboa, cun percorrido errático, mantense ás portas do Top-10 sen lograr ainda recuperar o perdido.
Con 55 puntos están Verducido, Rasdgar e Punteiro buscando mellora. Verducido perde un punto con Botikas e empata con Kaltxon na segunda praza. Rasdgar segue ó pé da porta do Top-10 á busca dunha oportunidade que pode estar en Fornelos. Punteiro sube unha posición e tamén busca o seu billete de entrada nese Top-10 con moit@s pretendentes.
Estes son os 9 mellores clasificados nesta 20ª etapa da X Liga da Inverneira. Para acadar toda a información recabada, pica no enlace que deixamos baixo estas letras.