Aire do sur

A 18ª etapa da Liga da Inverneira en Folgoso ven marcada polo cambio a vento sur que vai deixar atrás as xeadas matinais á conta da subida das temperaturas mínimas e, en menor medida, tamén as máximas. Por iso semella imos ter unha situación semellante en anormalidade á pasada en Calvos. Somentes, dicimos, na súa singularidade. Se era estrano que chovera en Calvos e se desfrutaran unhas tan altas temperaturas, en Folgoso, centro do Courel, non é doado atopar días sen chuvia nesta época do ano e con temperaturas tan dispares. A madrugada fría do domingo deixará a posteriori un día con ventos cálidos do sur que subirán as temperaturas ata case un día de abril. O Courel sen chuvia non é o Courel, pero a meteoroloxía manda e a desputa da xornada está adiada dende fai meses.

As temperaturas máximas oscilan entre os 8 e os 14º C. No canto das mínimas atopamos valores dende os 0 ata os 6º C. Somentes un litro de auga en toda a táboa e con refachos de vento apostados de entre os 21 e os 67 km/h. (de novo por parte do líder Kaltxon).

A pesares de ser unha xornada sen chuvia temos ante nós unha etapa moi emocionante, con moitos factores de diversidade e coa clasificación xeral en xogo. Podes seguila ao vivo dende este enlace a partires da 01:40 desta mesma madrugada e dende a mañanciña do domingo en horario ininterrumpido ata o remate do tempo reglamentario. Non a perdas, entramos no derradeiro terzo de competición e calquera punto pode ser decisivo cara o remate desta aventura!!

Aire do sur Ler máis »

Labazada en Calvos

Gran xornada a desputada en Calvos de Randín, onde a súa estación petou nos fuciños da maioría de apostantes, entre os que somentes 8 acadaron os 40 puntos. A chuvia sorprendeu a case tod@s, pero o vento frouxo tamén fixo das súas e as temperaturas, sobre todo a mínima barreu a moit@s dos competidores que non agardaban valores tan mornos.

Cara as 10:00 xa se rexistraran 25 litros, moi por riba de case todas as apostas recollidas. Cara o final do día o pluviómetro marcaba 32 litros. A mínima non baixou de 8º C. e tampouco o fixo á noitiña, mentras que a máxima acadou os 12º C. na sobremesa. O vento tamén foi frouxo, marcando unicamente 25 km/h. na madrugada.

Con estes datos temos un gañador en soidade con 48 puntos. Rasta achegóuse bastante á cantidade de litros e.ainda que o seu refacho era alto, as temperaturas foron o suficientemente boas coma para levar o trunfo monopolizado.Primeira vitoria da competición que o sitúa na praza 25 da xeral, con marxe tanto por riba coma por baixo. Deberá bregar para superar esta posición.

Somentes un punto por tras entrou Marius, con 47 puntos. Tamén foi dos poucos con valor suficiente para apostar máis de 20 litros. Ainda que discreto no resto de parámetros pasa a formar parte do exclusivo club do Top-10, pasando dende o 12º lugar ata o 7º e achegándose a un Top-5 que semellaba inalcanzable. Etapón deste xogador!

Con 45 puntos aterraron Kaltxon, Julio e Denodeno. Tamén por riba dos 20 litros entran no cadro de honra en Calvos. Kaltxon foi o que tiña a aposta pluviométrica máis arriscada e saíulle ben. O valor ten recompensa e ésta é o liderato destacado da Liga. Sacóulle 8 puntos!! ós ocupantes do podio, Botikas e Verducido, que pecaron de medorentos e rematan a 4 e 8 puntos respectivamente do novo adalid. Julio chimpa dende o posto 24 ata o 21 xa moi preto de entrar no Top-20. Denodeno segue no posto 27 pero semella que lle gustan estas etapas tolas e pode dar algunha sorpresa.

Rasdgar aposta 41 puntos para subir ata o posto 17, pero xa moi preto das puntuacións que dan acceso o Top-10. Boa tempada do novato.

40 puntos sumaron Sarabia e Kalandrakas sendo os derradeiros da etapa en acadar esa puntuación mínima. Kalandrakas mantén a 26ª posición e Sarabia gaña unha para situarse na 22ª. Os dous melloran día a día e loitarán por postos máis altos.

Estas son as 8 mellores puntuacións en Calvos. Se queres acadar detalles máis precisos do acontecido nesta 17ª etapa, pica no enlace que ofertamos baixo estas letras.

Labazada en Calvos Ler máis »

Compricada decisión

Semella que a aposta deste fin de semana en Calvos non foi sinxela. Os poucos datos históricos que acumulamos doutras edicións fan referencia a tempo seco e con temperaturas baixo cero. A característica desta estación son as xeadas e seica nesta ocasión seica imos desputar unha etapa baixo a chuvia e con temperaturas mornas para o normal neste concellolindeiro cos amigos lusos.A priori vai ser a primeira vez que se combata baixo a chuvia en Calvos, polo que tod@s somos inexpert@s e as condicións iguálannos fronte ás posibilidades de vitoria. E iso reflicten as apostas, con grande variedade de valores.

As temperaturas máximas van dende os 9 ata os 13º C. As mínimas non son as típicas de Calvos nesta época do ano, con valores entre os 3 e os 10º C. Polo que respecta á chuvia, as apostas están entre os 6 do derradeiro gañador e os 38 dun ocupante de podio. Os refachos de vento amosan valores de entre 16 e 70 km/h., moitas diferenzas neste parámetro. Para engadir máis ingredientes, a 5ª clasificada chegou tarde, polo que se agardan grandes e importantes movimentos na Clasificación Xeral.

Motivos suficientes hai como para non perderse esta xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:30 horas desta mesma madrugada e, en horario contínuo dende a mañanciña do domingo. Moito hai en xogo en Calvos e podes seguilo en directo dende eltiempoentuojete.

Compricada decisión Ler máis »