Gran xornada a desputada en Calvos de Randín, onde a súa estación petou nos fuciños da maioría de apostantes, entre os que somentes 8 acadaron os 40 puntos. A chuvia sorprendeu a case tod@s, pero o vento frouxo tamén fixo das súas e as temperaturas, sobre todo a mínima barreu a moit@s dos competidores que non agardaban valores tan mornos.
Cara as 10:00 xa se rexistraran 25 litros, moi por riba de case todas as apostas recollidas. Cara o final do día o pluviómetro marcaba 32 litros. A mínima non baixou de 8º C. e tampouco o fixo á noitiña, mentras que a máxima acadou os 12º C. na sobremesa. O vento tamén foi frouxo, marcando unicamente 25 km/h. na madrugada.
Con estes datos temos un gañador en soidade con 48 puntos. Rasta achegóuse bastante á cantidade de litros e.ainda que o seu refacho era alto, as temperaturas foron o suficientemente boas coma para levar o trunfo monopolizado.Primeira vitoria da competición que o sitúa na praza 25 da xeral, con marxe tanto por riba coma por baixo. Deberá bregar para superar esta posición.
Somentes un punto por tras entrou Marius, con 47 puntos. Tamén foi dos poucos con valor suficiente para apostar máis de 20 litros. Ainda que discreto no resto de parámetros pasa a formar parte do exclusivo club do Top-10, pasando dende o 12º lugar ata o 7º e achegándose a un Top-5 que semellaba inalcanzable. Etapón deste xogador!
Con 45 puntos aterraron Kaltxon, Julio e Denodeno. Tamén por riba dos 20 litros entran no cadro de honra en Calvos. Kaltxon foi o que tiña a aposta pluviométrica máis arriscada e saíulle ben. O valor ten recompensa e ésta é o liderato destacado da Liga. Sacóulle 8 puntos!! ós ocupantes do podio, Botikas e Verducido, que pecaron de medorentos e rematan a 4 e 8 puntos respectivamente do novo adalid. Julio chimpa dende o posto 24 ata o 21 xa moi preto de entrar no Top-20. Denodeno segue no posto 27 pero semella que lle gustan estas etapas tolas e pode dar algunha sorpresa.
Rasdgar aposta 41 puntos para subir ata o posto 17, pero xa moi preto das puntuacións que dan acceso o Top-10. Boa tempada do novato.
40 puntos sumaron Sarabia e Kalandrakas sendo os derradeiros da etapa en acadar esa puntuación mínima. Kalandrakas mantén a 26ª posición e Sarabia gaña unha para situarse na 22ª. Os dous melloran día a día e loitarán por postos máis altos.
Estas son as 8 mellores puntuacións en Calvos. Se queres acadar detalles máis precisos do acontecido nesta 17ª etapa, pica no enlace que ofertamos baixo estas letras.