Un pesadelo para o líder

En O Courel, unha xornada considerada como achanzada na que non se agardaban grandes movimentos, convertéuse nunha etapa con trocos na xeral, sobre todo no Top-10, a pesares da carencia de chuvia, ventos altos e temperaturas frías. As chaves estiveron na pésima xestión do refacho por parte do líder Kaltxon e a penalización por chegada tardía do 5º clasificado, Landrán, que volve perder 10 puntos máis.

A temperatura mínima definitiva marcóuse xa a primeiras horas da madrugada, quedando en 3º C. Pola máxima houbo que agardar ata a hora do vermú, cando cara as 13:00 horas acadóuse unha temperatura de 11.6º C. redondeado a 12º C. Agardábase chuvia feble cara o final da xornada pero esta non se concretou. Polo que se refire ó vento tivemos que agardar ata o derradeiro intre para ver como o anemómetro sinalaba os 36 km/h que serían absolutos para o día.

Os datos finais amosan un pesadelo no Top-10, concretado no líder Kaltxon, que ademáis de perder unha morea de puntos no refacho, ve como os gañadores de etapa son, ó unísono, os seus máis achegados persecutores e como consecuencia perde o posto de honra e ten pegado ó seu cú o 3º clasificado, que antes da xornada atopábase a 8 puntos. O retraso de Landrán tamén fai que perda varias posicións, dende a 5ª praza ata a 8ª, dada tamén a boa xornada d@s apostantes da súa contorna. Tamén comentar o pouco entendemento de Balboa nas temperaturas e no vento, que o fai perder o Top-10, relegándose ata a posición 12. Estes foron os movimentos máis significativos.

A vitoria repártena os persecutores do líder, Botikas e Verducido, cunha destreza arrepiante en O Courel. 59 puntos e a piques estiveron de facer pleno, quedando a só 2 e 1 km/h. respectivamente de mallar o refacho. Botikas recupera o liderato con 3 puntos de vantaxe sobre Kaltxon e 4 sobre Verducido, que segue na 3ª praza, ainda que agora a somentes 1 punto de Kaltxon. Podemos falar de exhibición dos, históricamente falando, 2 mellores xogadores de eltiempoentuojete. E seguen a ser os que máis vitorias colleitan ó longo do tempo.Nesta edición, 2ª vitoria para Botikas e 3ª para Verducido, importantes no caso de necesidade de desempate.

Con 58 puntos entraron Marius, que acada a 6ª praza, moi preto da 5ª, no que semella un paso adiante de calidade. Breogán77 recupera posición no Top-10 e Rasdgar segue a remontar e xa ocupa a 14ª posición, con paso firme cara o Top-10. Boa adaptabilidade do novato do ano.

E con 57 puntos temos a Compoñente Sur, que acada a 7ª praza da xeral, mantendo unha boa liña nesta edición e buscando tamén a súa mellor clasificación histórica. Lukas, con traxectoria máis irregular, tenta recobrar posición no Top-20 e pode conseguilo se non acumula máis penalizacións.

E ata 8 concursantes achegan 56 puntos no marcador. Beocha, que mantén a 4ª praza da xeral, Xowi, que mantén a 9ª, Víbora, que sube ata a 11ª, Modesto, na 15ª, Michi e Popolo na 17ª e 18ª respectivamente, Magor pechando o Top-20 e Lume ascendendo ata a 22ª.

Como podemos ver, alta alcurnia no resumo de O Courel, que podes completar coa totalidade dos datos no enlace que ofertamos baixo estas letras. Ánimo, entramos na recta final e quedan ainda etapas que poden trocar moito o desenvolvemento desta X Liga da Inverneira de eltiempoentuojete.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *