Aire do sur

A 18ª etapa da Liga da Inverneira en Folgoso ven marcada polo cambio a vento sur que vai deixar atrás as xeadas matinais á conta da subida das temperaturas mínimas e, en menor medida, tamén as máximas. Por iso semella imos ter unha situación semellante en anormalidade á pasada en Calvos. Somentes, dicimos, na súa singularidade. Se era estrano que chovera en Calvos e se desfrutaran unhas tan altas temperaturas, en Folgoso, centro do Courel, non é doado atopar días sen chuvia nesta época do ano e con temperaturas tan dispares. A madrugada fría do domingo deixará a posteriori un día con ventos cálidos do sur que subirán as temperaturas ata case un día de abril. O Courel sen chuvia non é o Courel, pero a meteoroloxía manda e a desputa da xornada está adiada dende fai meses.

As temperaturas máximas oscilan entre os 8 e os 14º C. No canto das mínimas atopamos valores dende os 0 ata os 6º C. Somentes un litro de auga en toda a táboa e con refachos de vento apostados de entre os 21 e os 67 km/h. (de novo por parte do líder Kaltxon).

A pesares de ser unha xornada sen chuvia temos ante nós unha etapa moi emocionante, con moitos factores de diversidade e coa clasificación xeral en xogo. Podes seguila ao vivo dende este enlace a partires da 01:40 desta mesma madrugada e dende a mañanciña do domingo en horario ininterrumpido ata o remate do tempo reglamentario. Non a perdas, entramos no derradeiro terzo de competición e calquera punto pode ser decisivo cara o remate desta aventura!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *