Fin de ciclo outonal

A etapa número 10 desputada en A Gándara, no concello de Vimianzo marca o fin das etapas de costa e da inicio as etapas de montaña, case todas nas provincias de Lugo e Ourense. Troco de pau, de copas a espadas para ver se os ata o de agora dominantes da liga tamén están á altura nos cumios do país. Esta décima xornada deixou de todo, dende unha amplitude térmica de somentes un grado, pasando pola chuvia de carácter medio e rematando cun refacho por riba de calqueira predicción. O gañador decidíuse no derradeiro dato ofertado por Meteogalicia, polo que a emoción estivo presente en A Gándara.

Tanto a temperatura mínima coma a máxima acadáronse na madrugada con 11 e 12º C. respectivamente, cunha máxima cativa para estar a estación preto da costa. A presencia da chuvia era ineludible, e a razón levárona varios xogadores entre os que se encontran os dous primeiros da xeral. O final, 9 litros. O vento marcou un refacho máximo de moita consideración, por riba do máximo apostado con 79 km/h.

E manexando estes datos, o mellor foi Rasdgar con 54 puntos, que precisou do desconto para levar a vitoria en soidade. Deixou tres puntos na chuvia, pero os outros parámetros rozaron a perfección en cadanseu campo. Colócase a tiro de pedra do Top-10 e abrindo unha gran diferencia co tren que ven detrás. Recupera moito do perdido en Lira e semella volver ó rego.

53 puntos para os cacheiras de serie da xeral, Kaltxon e Landrán, cunha aposta moi semellante. Manteñen posicións e mesmo aumentan a vantaxe unha semana máis. Veremos se o cambio de altitude mantén a racha ou os lobos persecutores reducen distancias.

Temos que baixar ata os 51 puntos para atopar a Julio, que mantén o podio e colle distancia por tras e perde por diante, Xowi, que despois de 2 etapas nefastas volve coller folgos e mantén a 10ª praza, e Enrico Ferni, que parece que lle colleu o truco ó xogo, após dunha vitoria e unha 3ª mellor puntuación en A Gándara.

E ata 6 contendentes comparten os 49 puntos, varios entre o Top-10. Beocha segue na 4ª praza, agardando o faio dos ocupantes do podio, que non se produce. A seguir dela, Botikas, que semella non colle o ritmo da chuvia nesta edición. O mesmo podemos dicir de Verducido, na 7ª. Por tras, Rasta, nunha das súas mellores tempadas pero moi irregular nas derradeiras. Outros que non atopan regularidade son Víbora e Michi, na 19ª e 20ª posición respetivamente.

Estes foron os 12 competidores protagonistas desta etapa fascinante de A Gándara. Para acadar tódolos datos recollidos na décimaetapa da XII Liga da Inverneira pica na ligazón baixo este texto.

Fin de ciclo outonal Ler máis »

Volta ó outono

Despóis dunha semana de frío invernal, semella que volta o outono nesta 10ª xornada en A Gándara, no concello de Vimianzo. O vento troca a sur-suroeste e volve entrar a chuvia dende o Atlántico. Nova ocasión para coroarse ou repetir ridículos anteriores, todo pende dun fío. As apostas amosan de novo dous bandos. O que aposta chuvia por baixo dos 10 litros e os que apostan por riba deles. O resto de parámetros está máis parello ainda que nos refachos de vento tamén atopamos moita diversidade, ou o que é o mesmo, diferenzas de puntos nos marcadores.

As apostas en temperatura máxima van estar moi pechadas e van dende os 11 ata os 15º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 7 e os 12º C., estas de novo con oscilacións medias e dúas apostas á baixa, de 4 e 3º. As precipitacións é o parámetro máis discutido, con valores que van dende os 2, ata os 24 litros. Mentras. os refachos de vento van dende os 8 ata os 75km/h., sendo un parámetro moi aberto.

Non semella doado predicir vencedores con estas grandes diferenzas nos parámetros que son a chuvia e o vento e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 01:30 horas do luns. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:30 da madrugada do domingo, o levar Meteogalicia 1 horas de retraso no aporte de datos.

As apostas:

Volta ó outono Ler máis »

Os últimos serán os primeiros

A 9ª xornada da Liga da Inverneira deixa un resultado atípico, ainda que non será a primeira nin a derradeira vez. Os que eran dos últimos clasificados da xeral ocuparon os postos de honra en Lira. Incluso temos a un dos novatos desta edición inaugurando o casilleiro de vitorias. Xornada onde os cacheiras de cartel estiveron moi por baixo do que se agardaba deles pola súa traxectoria. A chuvia desprazóuse cara o sur e foi a provincia de Pontevedra a que deixou á Costa da Morte con valores inferiores ó agardado. Poucas diferenzas entre os habitantes do Top-10.

A temperatura mínima acadóuse na madrugada con 12º C., cumprida para o frío que predicían as axencias. Na derradeira hora da sobremesa acadóuse a máxima diaria con 16º C. A presencia da chuvia era ineludible, pero moi inferior á agardada, e os máis conservadores foron os trunfadores. O vento marcou un refacho máximo de moita consideración, por riba do máximo apostado con 86 km/h.

E eiquí asomou un invitado pouco agardado, Enrico Ferni, quen con 42 puntos acada a súa vitoria inaugural, e por todo o alto, en soidade. Deixou 10 puntos na auga e outros 8 na temperatura, pero os marcadores dos postos privilexiados non foron quen de desbancalo. Na xeral segue por alá embaixo, pero a vitoria non lla quita ninguén.

Con 41 puntos e unha das mellores apostas en chuvia entrou Óscar, pero a súa aposta en vento foi moi mala e quedou a un punto do trunfo. As lecturas de temperaturas non foron as mellores pero marca a segunda mellor puntuación da xornada.

E 38 puntos para Rasta e Marius, os dous mellores puntuados entre o Top-10. Rasta ten a honra de anotar o único punto de auga dentro dese top de escollidos e sube unha posición ata a 9ª. Marius empata a puntos con Verducido e mantén a 8ª praza.

Dos que suman 37 puntos destacan Kaltxon e Landrán, os dous primeiros clasificados que ainda melloran a súa situación e poden dar cun canto nos dentes. A mención especial é para Bar Pequeno, a mellor aposta en chuvia (17 de 20 puntos) e a pior en refacho (5 de 20 puntos). Estariamos a falar do mellor en Lira, pero “foi polo aire e viu polo ventooo”.

Mina acadou 36 puntos en Lira e aproveitando esa mísera puntuación ascende 3 prazas dende a 19ª ata a 16ª.

E con 35 puntos aparecen o 3º e a 4ª clasificada, Julio e Beocha, que alonxan un pouco ó aspirante número 1, Botikas, que este ano ve como se lle suben ás barbas unha chea de xogadores que levan agardando o seu momento varias tempadas. Julio e Beocha son claros exemplos de insubordinación.

Estes foron os 10 competidores protagonistas desta etapa brava de Lira. Para acadar tódolos datos recollidos na novena etapa da XII Liga da Inverneira pica na ligazón baixo este texto.

Os últimos serán os primeiros Ler máis »

Apocalipsis Claudia

O domingo en Lira, no concello de Carnota, asistiremos á derradeira exhibición de forza da borrasca Claudia. Seica lle colleu o gusto á nosa latitude e quedou esta semana repartindo auga e vento a dolor. E cando xa semellaba que gastara todo o que tiña, ofrecerá a derradeira (ou non) función para deleite dos meteoludópatas de eltiempoentuojete. Apostas de tódolos colores sobre todo nos parámetros de chuvia e vento, o que deixará resultados variopintos na clasificación xeral e xa veremos qué trocos acontecen.

As apostas en temperatura máxima van estar moi pechadas e van dende os 12 ata os 15º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 8 e os 13º C., estas de novo con oscilacións medias. As precipitacións é o parámetro máis discutido, con valores que van a seca, 0, ata os 59 litros. Mentras. os refachos de vento van dende os 15 ata os 84km/h., sendo o parámetro máis aberto.

Non semella doado predicir vencedores con estas grandes diferenzas nos parámetros que son a chuvia e o vento e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 01:30 horas do luns. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:30 da madrugada do domingo, o levar Meteogalicia 1 horas de retraso no aporte de datos.

As apostas:

Apocalipsis Claudia Ler máis »