eltiempoentuojete
IX Liga da Vran. Brahmaputra. India
eltiempoentuojete comprácese en apresentar a 9ª edición do Torneo de Vran, desta vez localizada no noreste da India, nas rexións que cruza o río Brahmaputra.
A edición 2022 consta de 5 xornadas ó longo da xeografía india, con etapas en 5 das rexións do noreste. Manipur, Nagaland, Assam, Arunachal Pradesh e Meghalaya. É unha das zonas con máis pluviosidade anual do mundo. E chegamos no auxe do periodo de monzón, polo que agardamos precipitacións. Ainda que nunca se sabe…
O inicio da competición está datado para o 3 de xullo en Chandel (Manipur) e o remate será o 31 de xullo en West Khasi Hills, no estado de Meghalaya.
O noso provedor de datos vai ser servizo hindú de meteoroloxía, o India Meteorological Department (IMD). . Podes consultar tódolos datos na sua web, ainda que non semella sixelo a primeira vez, podes consultar a pequena guía que preparamos neste enlace:
A IMD actualizan os datos cada 1 hora, o que fai bastante dinámico o xogo. Imos ter máis información fiable que na competición de Canadá.
Ante calqueira faio no requerimento de datos ás estacións en xogo, avisaremos o antes posible e tentaremos trocar as estacións que non produzan os datos necesarios.
O horario de apostas segue a ser o mesmo. Aposta antes das 24:00 horas do venres e etapa ao vivo no domingo. O periodo de xogo vai dende as 0:00 horas do domingo ata as 23:59 do mesmo día. No caso da India, ainda que están adiantados no huso horario, os datos levan un retraso de entre 2 e 3 horas co horario de Galicia.
As penalizacións seguen vixentes para @s retrasad@s que aposten despóis do horario previsto. Durante a primeira xornada perdoaremos a quen aposte antes da 01:00 horas. Este periodo está feito para adaptar o horario á xente olvidadiza e con retardo.
Despóis da 1ª data as penalizacións serán implacables con calqueira que sobrepase o tempo límite de aposta.
No caso de dúbidas ou comunicacións de calqueira tipo, podes enviar un email a eltiempoentuojete@gmail.com