1ª xornada

Chandel

Entorno

É un dos 29 estados que, xunto cos 7 territorios da Unión, forman a República da India. A súa capital é Imphal, limitando ao norte con Nagaland, ao leste con  Birmania, ao sur con  Mizoram e ao oeste con  Assam. A etnia maioritaria é a dos meiteis. O seu idioma, o  meitei é tamén a lingua do estado. Como curiosidade sinalar que en Manipur orixinóuse o xogo do polo. Como estado baixo protectorado británico Manipur tivo ata 1907 dúas bandeiras, unha branca e outra vermella cunha serpe. A estas bandeiras chamábanllas  Pakhangba (Bandeira da Serpe).

En 1907 creouse unha nova bandeira. A bandeira branca quedou como real e a vermella como de Estado. A nova bandeira adoptada seguía o mesmo criterio dun mesmo formato con dúas cores (unha vermella e outra branca) contendo o escudo  dinástico e era considerada a nacional, aínda que máis ben era unha bandeira  dinástica. A adoptada como bandeira de Estado no breve período de independencia de 1947 a 1949 foi a  Pakhangba (bandeira da serpe) na súa versión en vermello. Esta bandeira foi conservada polos independentistas como a bandeira nacional, ata a data.

En Manipur existen numerosos grupos armados separatistas que iniciaron as súas accións pouco despois da independencia do país e que seguen plenamente activos, concretamente 33. Manipur é un dos estados con maior índice de desemprego polo que moitos mozos únense aos grupos armados buscando solucións aos seus problemas (aquí, darlle ao porno e ás drogas) pero xa sabes, onde fores, feixe o que veres, así que, machete e á lea.

Localización

Datos da estación

A Estación Chandel KVK está ubicada a 24,33 de latitude e 94,02 de lonxitude e a unha altitude de 939 metros. Situada, daquela, no estado de Manipur, India.

Esta xornada vaise desputar o Domingo 3 de Xullo. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 1 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa