4ª xornada

Tawang

Entorno

Está situado ao nordés do país, limitando ao norte coa República Popular China, ao sur con Birmania e Assam, ao sueste unha pequena franxa con Nagaland e ao oeste con Bután. Con 1 400 000 habitantes en 2011 é o terceiro estado menos poboado —por diante de Mizoram e Sikkim, o menos poboado— e con 17  hab/km², o menos densamente poboado.

Arunachal Pradesh é unha das dúas rexións en disputa entre a República Popular China e India, xa que China reclama o control sobre este estado ao consideralo parte da rexión autónoma do Tíbet. A outra zona en disputa entre os dous países é Aksai Chin na zona de Caxemira, formou parte do estado de Assam ata 1987. Recibiu o status de estado tras tomar en consideración a situación de seguridade no leste e as tensións chinés-indias. Arunachal Pradesh significa “terra do sol nacente”.

Coñécese moi pouco da historia de Arunachal  Pradesh, excepto para a zona noroeste do estado. Só existen rexistros escritos durante o século XVI nas crónicas de  Ahom. Os Monba e os Sherdukpen posúen rexistros históricos sobre a existencia de diversos xefes locais na zona noroeste do estado. Estas zonas quedaron baixo control do reino Monyul dos  monba, reino que floreceu entre o ano 500 a. C. e o 600. A rexión quedou baixo control do Tíbet, especialmente na zonas máis ao norte. O resto do estado, especialmente as zonas fronteirizas con Birmania, quedaron baixo o control dos Ahom e os  asameses ata que a India foi anexada polos británicos en 1858.

Algunhas escavacións realizadas recentemente en ruínas de templos hindús achegaron novos datos sobre a historia do estado. Diversos achados parecen indicar que os Yidu (tamén chamados Idu Mishmi) posuíron unha civilización local. Tamén existen evidencias da existencias de diversas tribos budistas.

Entre 1913 e 1914, o administrador británico na rexión,  Sir Henry McMahon, estendeu a fronteira entre India e China uns quilómetros. O cambio realizouse segundo uns acordos tratados na cidade de Shimla durante un debate sobre as fronteiras chinés- tibetanas. A nova liña fronteiriza coñeceuse como “liña McMahon”.

O problema é que estes acordos asináronse entre India e Tíbet, pero nunca foron ratificados por China. En 1947, o goberno chinés rexeitou estes límites territoriais e reclamou os seus dereitos sobre a zona que ocupa o actual estado de Arunachal Pradesh. O 26 de agosto de 1959, as tropas chinesas cruzaron a liña McMahon e capturaron o posto indio de Longju, uns quilómetros ao sur da fronteira. En 1961 abandonaron o posto, pero en outubro de 1962 volveron cruzar a liña, esta vez de forma violenta, o que deu orixe á guerra chinés-india. Finalmente, en 1963, o goberno chinés accedeu a devolver os territorios conquistados máis aló da liña  McMahon.

Un 65% dos habitantes do estado pertencen ás 20 principais minorías étnicas e a 82 tribos, o que proporcionou a Arunachal  Pradesh unha rica herdanza cultural. A maior parte dos habitantes son de orixe  tibetano. Outro 35% da poboación son inmigrantes, incluíndo a uns 30 000 expatriados de Bangladesh. As tribos principais inclúen aos Adi, os ishi e os Monba.

Preto da metade da poboación segue a relixión Donyi-Polo. Outro 42% son fieis ao budismo e ao hinduismo, mentres que o resto son cristiáns ou musulmáns.

Localización

Datos da estación

A Estación TawangChamgbu KVK está ubicada a 27,60 de latitude e 91,88 de lonxitude e a unha altitude de 2863 metros. Situada, daquela, no estado de Arunachal Pradesh, India.

Esta xornada vaise desputar o Domingo 24 de Xullo. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 22 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa