Entorno
A sua extensión é similar á de Belice ou Nova Jersey. Preto dunha terceira parte do estado de Meghalaya está cuberta de bosques. As montañas Garo, ao oeste, e as montañas Khasi e as Jaintia, ao leste, non teñen picos extremadamente altos, e o punto de maior altitude é o Pico Shillong, cunha altura de 1.965 m.
As Covas de Megalaya comprenden un número importante de covas nos distritos de Jaintia, Montañas Khasi e Outeiros Garo, en Megalaya; e atópanse entre as máis longas do mundo. A máis longa é Krem Liat Prah nos Cerros de Jaintia, con case 30.957 m.
O clima é moderado pero húmido. As choivas anuais teñen unha media de 1200 cm, o que lle converte no estado con máis precipitacións do país. A cidade de Cherrapunji, ao sur da capital, ten o récord mundial de precipitacións mentres que Mawsynram ostenta o título de ser a poboación con choivas anuais máis intensas.
No estado, viven os khasis, os jaintias e os garos. Estes últimos habitan a parte occidental, os primeiros a central e os jaintias a oriental. O grupo dos khasi, os jaintia (ou pnars), os bhoi e os war son coñecidos, en conxunto, como hynniewtrep ou ri hynniewtrep, e habitan o centro e este do estado. Forman parte dos primeiros habitantes do subcontinente, a súa cultura é megalítica e forman parte da etnia protoaustraloide mon- khmer.
Os garos están emparentados cos bodos, son da etnia tibetano – birmana, e son orixinarios do Tíbet. Os garos se autonombran achiks, e denominan á súa terra Achikland.
Tradicionalmente, aos tres grupos dirixíronos xefes de clan (coa colaboración de consellos da aldea), chamados dolois, entre os jaintias; syiems, lyngdohs ou wahadadars, entre os khasis, e nokmas, entre os garos. Algúns dos dolois chegan á categoría de racha, coa estrutura dun pequeno reino, o que non ocorre cos outros sistemas de poder. Os consellos de aldea coñécense co nome de Durbar.
Os khasis contan cuns cincuenta syiems, que á súa vez dispoñen de myntries (ministros), que son membros do Dunbar ou Consello. O syiem é sucedido polo máis ancián ou por un colexio electoral, con predominio da opinión dos conselleiros de máis idade, en caso de desacordo. Os nokmas contan coa colaboración, no goberno, dos laskars (axudantes), nomeados por eles, e tómase moi en conta a opinión da esposa (machong), canto temos que aprender…