Entorno
Benvidos á xornada inaugural da Ojete’s Cup. A tribu de eltiempoentuojete reúne @s 16 mellores xogadores do Torneo de Vran. Esta eliminatoria é probablemente a máis importante, pois vai colocar a cada un/ha dentro dos 8 mellores ou loitar polos postos do 8 ao 16. Libertad é unha poboación no norte de Belice, famosa pola fábrica de azucre, e vai ser xuiz da primeira etapa da competición.
A creación do pobo de Libertad estivo ocasionado polo boom do azucre a mediados do século XIX, que fixo do distrito de Corozal unha imnensa plantación de caña de azucre. Durante o século XX sufriu a fluctuación dos prezos, e cara 1937 finalizou a construcción da actual factoría. Hoxe en día a producción de caña da zona norte de Belize realízase en Tower Hill, propiedade de Belice Sugar Industries.
A planta de procesamento de caña de azucre foi a que lle deu o nome á poboación de Libertad. Seica estaba ubicada en Cuba e foi comprada e trasladada a Belice por Henry Melhado & Sons. Foi mercada en 1967 por Tate & Lyle e engadiu outra en Tower Hill. A caida dos prezos no anos ’80 pechou Libertad e derivou a Tower Hill. Nos anos ’90 produciu melaza para Petrojam, que exportaba a Jamaica, onde se refinou facendo etanol e vendeuse a USA libre de aranceles.
Localización
Datos da estación
A Estación Libertad está ubicada a 18.29º de latitude e -88.45º de lonxitude e a unha altitude de 4 metros. Situada, daquela, no distrito Corozal, no norte de Belize, foi dada de alta en abril de 2016.