1ª xornada

Croftgarrow

Entorno

Croftgarrow é a zona de desembarco dos apostantes do VIII Torneo de Vran en Alaska, USA. Esta antiga granxa rural hoxe está reconvertida en aloxamento de 5 estrelas. Atópase nas Highlands de Perthshire, no concello de Perth & Kinross.

Foto: De Mogens Engelund - Trabajo propio, CC BY-SA 3.0

Fortingall é a poboación máis preto da estación de Croftgarrow. Conta cun dos árbores máis senlleiros de Gran Bretaña, un tello (Taxus baccata) que durante moito tempo estimóuse unha idade de entre 3000 e 9000 anos. Recentes estudos sitúan a súa idade real entorno ós 5000 anos.

Croftgarrow está situado preto do río Lyon, que tamén forma un complexo de deportes acuáticos nun lago, o Loch Tay. Sobre o mesmo río podes atopar a ponte Allt da Ghob. Un pouco máis lonxe está a cidade de Aberfeldy, cunha morea de actividades para xente con “cartiños”. 

Localización

Datos da estación

A Estación Croftgarrow está ubicada a unha Latitude 56.5931Lonxitude -4.0763 e sen altitude coñecida. Situada, daquela, no concello de Perth & Kinross, en Escocia, foi dada de alta o 1 de Xaneiro de 2000.

Cámara ao vivo

Esta xornada vaise desputar o Domingo 8 de Agosto. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 7 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa