6ª xornada

escudo do concello de ortigueira

Serra da Faladoira

Entorno

Outro domingo máis chega a xornada da Liga da Inverneira de eltiempoentuojete. Desta volta chegamos ata a Serra da Faladoira, nas terras do norte do país, nunha zona, a de Ortigueira, coñecida por xuntarse a terra co mar. 

Nestas terras da Serra da Faladoira ainda podemos atopar vestixios dun bosque primixenio de carballos, castiñeiros e especies arbóreas de riveira, pero o certo é que está plagado de plantacións forestais de eucalipto. Nace en As Pontes e vai morrer no Mar Cantábrico, formando o cabo de Estaca de Bares.

A primeira edición do Festival Folk de Ortigueira tivo lugar no ano 1978 e viu da man de Xavier Garrote, líder da Escola de Gaitas de Ortigueira. Corenta anos despóis converteuse en todo un referente mundial do folk e cunha asistencia de público de máis de 70 mil persoas.

Localización

concello de ortigueira en mapa de galicia

Datos da estación

A Estación Serra da Faladoira está ubicada a 43,59º de latitude e -7,79º de lonxitude e a unha altitude de 576 metros. Situada, daquela, no concello de Ortigueira, provincia de A Coruña, foi dada de alta o 8 de Xuño de 2005.

Sensores

  • Anemómetro-Veleta
  • Piranómetro
  • Pluviómetro de Cazoliñas
  • Sonda de Presión
  • Sonda de Temperatura de Superficie
  • Sonda de Temperatura do Solo
  • Sonda de Temperatura e Humidade

Gañadores anteriores

Esta xornada vaise desputar o Domingo 1 de Novembro. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 30 de outubro ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *