6ª xornada
Serra da Faladoira
Entorno
Outro domingo máis chega a xornada da Liga da Inverneira de eltiempoentuojete. Desta volta chegamos ata a Serra da Faladoira, nas terras do norte do país, nunha zona, a de Ortigueira, coñecida por xuntarse a terra co mar.
Nestas terras da Serra da Faladoira ainda podemos atopar vestixios dun bosque primixenio de carballos, castiñeiros e especies arbóreas de riveira, pero o certo é que está plagado de plantacións forestais de eucalipto. Nace en As Pontes e vai morrer no Mar Cantábrico, formando o cabo de Estaca de Bares.
A primeira edición do Festival Folk de Ortigueira tivo lugar no ano 1978 e viu da man de Xavier Garrote, líder da Escola de Gaitas de Ortigueira. Corenta anos despóis converteuse en todo un referente mundial do folk e cunha asistencia de público de máis de 70 mil persoas.
Localización
Datos da estación
Sensores
- Anemómetro-Veleta
- Piranómetro
- Pluviómetro de Cazoliñas
- Sonda de Presión
- Sonda de Temperatura de Superficie
- Sonda de Temperatura do Solo
- Sonda de Temperatura e Humidade
Gañadores anteriores
- 2014/15: Verducido
- 2017/18: Lume, Canducho
- 2018/19: Lume
- 2019/20: Punteiro