26ª xornada

Xesteiras

Entorno

Chegamos á derradeira xornada da VII Liga da Inverneira e, coma sempre, confiamos na estación de Xesteiras, en Cuntis. Certo é que xa tivemos que trocar a etapa polo mal funcionamento dos aparellos. Agardamos non ter problemas nesta ocasión e coronar sen problemas ó campión dunha Liga desputada ata o derradeiro suspiro. Dende eltiempoentuojete, grazas por xogar con nós.

O concello de Cuntis é famoso polas suas augas. Antigamente foi un manantial, pero os tempos pasaron e pouco queda de aquela fonte. Ainda que a maioría pense que aquelo está che de vell@s, podo asegurar por experiencia propia, que os teñen alonxados do resto de clientes, sobre todo a aqueles que veñen en autobús. Ainda que queda pouco para que nos alonxen a nós tamén…

O monte Xesteiras e limítrofe con A Estrada e Valga. Canteiras abandonadas, camiños de pedra e ata un curro de cabalos. Dende o máis alto pódese divisar as Rías Baixas e a comarca  de Santiago de Compostela, así como as limítrofes. Impresionante o espectáculo do radar meteorolóxico que alí instalou Meteogalicia, de grande altura e curiosa esfera no cumio. É dos máis avanzados na predicción de tipo e cantidade de chuvia.

Localización

Datos da estación

Estación Xesteiras está ubicada a 42,68º de latitude e -8,58º de lonxitude e a unhaaltitude de 715 metros. Situada, daquela, no concello de Cuntis, provincia dePontevedra, foi dada de alta o 6 de Outubro de 2010.

Sensores

  • Sensores da Estación:
  • Anemómetro-Veleta
  • Pluviómetro de Cazoliñas
  • Sonda de Temperatura e Humidade

Gañadores anteriores

Estadísticas

Esta xornada vaise desputar o Domingo 21 de Marzal. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 19 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cerveza