10ª xornada

A Gándara

Entorno

Xa estamos na 10ºxornada e imos dar una volta por A Gándara, lugar no que imos xogar por segunda vez nesta Liga Inverneira, imos ata a Terra de Soneira.

Terra con moita historia que vai dende o megalitismo, destaca coma un dos lugares con maior concentración de dólmenes e túmulos de todo o noso país. Destacamos Pedra Cuberta onde se atoparon as primeiras pinturas rupestres nun dólmen do noroeste peninsular. Da idade castrexa atopamos o castro de As Barreiras no mesmo núcleo de Vimianzo pero tamen  destaca na idade medieval coma o acredita a estela funeraria de Victorinus que é un dos primeiros testimonios da cristianización en Gallaecia.

Destacamos o Castelo de Vimianzo tamén chamado Torres do Martelo cuxa existencia xa data do século XII, derrubado no 1467 durante as Revoltas Irmandiñas foi nuevamente levantado polos que o derrubaron, e como invitado de honra na súa mazmorra estivo o arzobispo Alonso de Fonseca de Santiago de Compostela. Moi fermosa é a portada da igrexa de Cereixo quer representa a chegada do apóstolo Santiago na barca de Pedra que reza a m itoloxía cristiá.

Localización

Datos da estación

Estación A Gándara está ubicada a 43,11º de latitude e -9,05º de lonxitude e a unha altitude de 405 metros. Situada, daquela, no concello de Vimianzo, provincia de A Coruña, foi dada de alta en Agosto de 2001.
 

Sensores

  • Pluviómetro de Cazoliñas
  • Anemómetro-Catavento
  • Sonda de Presión
  • Sonda de Temperatura e Humidade
  • Piranómetro
  • Datalogger
  • Pluviómetro de Cazoliñas

Gañadores anteriores

Estadísticas

Esta xornada vaise desputar o Domingo 28 de Novembro. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 26 de Novembro ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa