9ª xornada

Lira

Entorno

Nesta nova etapa imos ata a costa para ir pensando no final do outono e que comece a leria de verdade. En Lira podemos ver unhas bonitas praias pero a súa actividade primordial é a pesca e o marisqueo. Temos que decir que quen vaia por alí non se esquenza de probar os ourizos e un santiaguiño guisado.

Lira pertenece a Carnota e pénsase que o seu  ome procede da voz precéltica CARN (pedra) .Temos existencia de túmulos e castros coma o de Castro Mallou que é visitable, na Idade Media pertenceu os condes de Trastámara e Lemos e formou parte do antiguo condado de Cornatum. Carnota pusue uns espacios naturáis inpresionantes coma o monte Pindo, o río Xallas pero a máis fermosa é a Fervenza do Ezaro a única cascada que verte directamente a auga doce  no Atlántico, eso sí, con permiso de Fenosa que abre a villa para poder sacar unha fotos e decir o bós que son(mal raio os parta).

En Lira tamén atopamos o Horreo máis grande do mundo que lle gana por uns poucos centímetros o de Carnota inda que ese está mellor conservado. O clima e atlántico caracterizado pola presencia de abundantes precipitacións case todo o ano cunha pouca oscilación térmica e abundancia de temporais no inverno. A precipitación media é de 1650 mm. e a temperatura media é de 16º C.

Localización

Datos da estación

A Estación Lira está ubicada a 42,8º de latitude e -9,12º de lonxitude e a unha altitude de 170 metros. Situada, daquela, no concello de Carnota, provincia de A Coruña, foi dada de alta o 8 de Abril de 2010.

Sensores

  • Anemómetro
  • Anemómetro-Veleta
  • Piranómetro
  • Pluviómetro de Cazoliñas
  • Sonda de Temperatura e Humidade

Gañadores anteriores

Estadísticas

Esta xornada vaise desputar o Domingo 21 de Novembro. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 19 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa.