3ª xornada

Castro Vicaludo

Entorno

Estamos na terceira xornada, Castro Vicaludo, outra das clásicas da Liga inverneira dentr0 das xornadas costeiras e de parada obrigada.

A historia deste municipio atopámolo na idade de bronce pero a verdadeira historia non comenza ata o ano 1132 cando Alfonso VII fundou o Mosteiro de Santa María de Oia e puxo como primeiro abade a Pedro de Inicio (un cachondo este Alfonso) este mosteiro e una xoia do Románico considerado monumento nacional en 1931.

Os monxes deste mosteiro, uns máquinas os fulanos. Importaron a vide que hoxe en día podemos degustar baixo a denominación de orixe Rías Baixas, introduciron a cría de cabalos nos seus montes e a tradición perdura ata os nosos días na Rapa das Bestas feita en corrales coma os de Mougás. Tamén foron coñecidos pola súa Botica Monacal pero non todo era a Deus rogando tamén có mazo dando xa que o mosteiro foi armado cunha batería de canóns para atacar os piratas berberiscos. Tela cós monxes…

Localización

Datos da estación

A Estación Castro Vicaludo está ubicada a 42º de latitude e -8,86º de lonxitude e a unha altitude de 473 metros. Situada, daquela, no concello de Oia, provincia de Pontevedra, foi dada de alta o 28 de Abril de 2004.

Sensores

  • Anemómetro
  • Anemómetro-Veleta
  • Piranómetro
  • Pluviómetro de Cazoliñas
  • Sonda de Presión
  • Sonda de Temperatura de Superficie
  • Sonda de Temperatura do Solo
  • Sonda de Temperatura e Humidade

Gañadores anteriores

Estadísticas

Esta xornada vaise desputar o Domingo 10 de Outubro. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 8 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha patada nos collóns e unha aspirina para o dolor