Entorno
Estamos na terceira xornada, Castro Vicaludo, outra das clásicas da Liga inverneira dentr0 das xornadas costeiras e de parada obrigada.
A historia deste municipio atopámolo na idade de bronce pero a verdadeira historia non comenza ata o ano 1132 cando Alfonso VII fundou o Mosteiro de Santa María de Oia e puxo como primeiro abade a Pedro de Inicio (un cachondo este Alfonso) este mosteiro e una xoia do Románico considerado monumento nacional en 1931.
Os monxes deste mosteiro, uns máquinas os fulanos. Importaron a vide que hoxe en día podemos degustar baixo a denominación de orixe Rías Baixas, introduciron a cría de cabalos nos seus montes e a tradición perdura ata os nosos días na Rapa das Bestas feita en corrales coma os de Mougás. Tamén foron coñecidos pola súa Botica Monacal pero non todo era a Deus rogando tamén có mazo dando xa que o mosteiro foi armado cunha batería de canóns para atacar os piratas berberiscos. Tela cós monxes…
Localización
Datos da estación
Sensores
- Anemómetro
- Anemómetro-Veleta
- Piranómetro
- Pluviómetro de Cazoliñas
- Sonda de Presión
- Sonda de Temperatura de Superficie
- Sonda de Temperatura do Solo
- Sonda de Temperatura e Humidade
Gañadores anteriores
- 2014/15: Mina, Fisfas
- 2015/16: Pepe
- 2016/17: Fisfas
- 2017/18: Botikas
- 2018/19: Botikas, Víbora
- 2019/20: Botikas
- 2020/21: Jose Lopez