7ª xornada

escudo do concello de arbo

Cequeliños

Entorno

Continuamos meteoludópatas, desta vez en Cequeliños na fronteira sur do noso país. Nós a xogar e os veciños lusos como público privilexiado. Esta é una parroquia que pertence o concello de Arbo e na que pódense atopar una cantidade importante de pazos e casas solariegas, moito e moi bo traballo en pedra.

Tamén recorda o seu pasado nobiliario pola cantidade de escudos que atopamos. Impresionantes son tamén os antigos acueductos e canáis repartidos pola zona xa que os ricos da contorna querían auga na casa, nada de ir a fonte que é de probes. Cequeliños é coñecido sen dubida alguna pola Festa da Lamprea que se celebra o último fin de semana de Abril. A lamprea, ese manxar (non para todos) xa apreciado polos romanos e que se segue pescando do mesmo modo artesanal.

Como non podería ser doutra forma conta cun Centro de Interpretación da Lamprea (como nos gustan os centros de interpretación neste país) pero tamén é coñecido pola calidade dos seus caldos tanto brancos coma tintos. Tamén conta con a Ponte Internacinonal sobre o Miño, ata que os amigos lusos se lles dea por tiralo abaixo. Farían ben…

plato de lamprea seca embutida y cortada

Localización

concello de arbo en mapa de galicia

Datos da estación

A Estación Cequeliños está ubicada a 42,14º de latitude e -8,26º de lonxitude e a unha altitude de 187 metros. Situada, daquela, no concello de Arbo , provincia de Pontevedra, foi dada de alta o 7 de Febreiro de 2000. Sensores da Estación

Sensores

  • Anemómetro
  • Catavento
  • Piranómetro
  • Pluviómetro de Cazoliñas
  • Sensor de Humidade Foliar
  • Sonda de Humidade do Solo
  • Sonda de Temperatura de Superficie
  • Sonda de Temperatura do Solo
  • Sonda de Temperatura e Humidade

Gañadores anteriores

Estadísticas

Esta xornada vaise desputar o Domingo 7 de Novembro. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 5 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa