Entorno
Nesta 5ª xornada imos ata Ponte Caldelas, municipio que colle o nome da ponte sobre o río Verdugo, combinado cos seus manantiáis termáis sulfuro-sódicas (así dito non é moi apetecibél). Os límites son Cotobade, Fornelos de Montes e Soutomaior, A Lama e Pontevedra. Seica está situado estratéxicamente.
Ponte Caldelas recibiu de parte de Alfonso VII (este rei non para de repartir coa igrexia) o título de MUY LEAL pero por outra banda conta a lenda que a famosa raíña Lupa era destas terras e que andaba a caza dos discípulos do Apóstolo. Posteriormente no século XIX déronlle o tratamento de villa.
Temos que engadir que esta é una localidade con moi boas festas e por riba de todas está a Festa da Troita no derradeiro fin de semana de Maio. Festa da Batalla de Ponte Caldelas que rememoraun episodio da guerra contra os gabachos alí por 1809 e por suposto non nos imos esquecer da Virxe das Dores que a patroa das festas de Ponte Caldelas na derradeira semana de agosto. Espectacular fin de festa con dobre orquesta (a Panorama e París de Noia).

Localización

Datos da estación
A Estación Ponte Caldelas está ubicada a 42,39º de latitude e -8,5º de lonxitude e a unha altitude de 350 metros. Situada, daquela, no concello de Ponte Caldelas, provincia de Pontevedra, foi dada de alta o 27 de Febreiro de 2013.
Sensores
- Piranómetro
- Pluviómetro de Cazoliñas
Gañadores anteriores
- 2014/15: Constantino
- 2015/16: Punteiro
- 2016/17: Gengis Khan (Lukas)
- 2017/18: Punteiro
- 2018/19: Punteiro
- 2019/20: Budainca
- 2020/21: Botikas