1ª xornada

Montgomery

Entorno

Montgomery e a parada inaugural da VIII Liga de Primaveira de  eltiempoentuojete. O estado de Alabama acolle a primeira xornada en chan confederado. 

Montgomery atópase no centro do estado de Alabama, ó carón do río Alabama. Foi escollida como a capital dos Estados Confederados de América en febreiro de 1861. O seu nome fai honor a Richard Montgomery, xeneral ao servizo do Exército Continental na Guerra da Independencia Americana, máis famoso por liderar a Invasión de Canadá en 1775.

O 1 de decembro de 1955, en Montgomery saltou unha das chispas que impulsou o movimento dos dereitos dos afroamericanos. Rosa Parks, activista afroamericana, foi arrestada por negarse a ceder o seu asento de autobús a unha persoa de raza branca. Esta detención provocou o Boicot ós Autobuses Públicos de Montgomery, guiado por un pastor descoñecido naquel tempo. Martin Luther King. 

Localización

Cámara web

Datos da estación

A Estación Montgomery está ubicada a 32,30º de latitude e -86,41º de lonxitude e a unha altitude de 61 metros. Situada, daquela, no estado de Alabama, foi dada de alta o 1 de Xaneiro de 1948.
 

Sensores

Esta xornada vaise desputar o Domingo 11 de Abril. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 9 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa