
eltiempoentuojete
VIII Torneo de Vran. Alaska
eltiempoentuojete comprácese en apresentar o 8º Torneo de Vran, que continúa a desputarse en territorio estadounidense, desta vez no estado mercado ó Imperio Ruso no ano 1867.
A edición 2021 consta de 5 xornadas, con inicio en Cold Bay , nas Illas Aleutianas e final en Juneau, a capital do estado de Alaska.
Nestas 5 escaramuzas buscaremos un lugar entre @s 16 mellores xogador@s, que serán os escollid@s para combatir nun un-contra-un fraticida no desafío da Ojete’s Cup
O inicio da competición está datado para o 4 de xullo en Cold Bay e o remate será o 1 de agosto en Juneau.
O noso provedor de datos vai ser o da derradeira competición, tamén en Estados Unidos, o servizo nacional de meteoroloxía, NOAA. Podes consultar tódolos datos na sua web, ainda que nós proporcionaremos os enlaces precisos para poder seguir o desenrolo da xornada ao vivo. As estacións de NOAA actualizan os datos ata cada 5 minutos, o que fai máis dinámico o xogo. Ante calqueira faio avisaremos o antes posible e tentaremos trocar as estacións que non produzan os datos necesarios.
O horario de apostas segue a ser o mesmo. Aposta antes das 24:00 horas do venres e etapa ao vivo no domingo. O periodo de xogo vai dende as 0:00 horas do domingo ata as 23:59 do mesmo día.
As penalizacións seguen vixentes para @s retrasad@s que aposten despóis do horario previsto. Non podemos admitir nengún retraso dada a pequena cantidade de xornadas e á necesidade de entrar entre os 16 primeir@s da clasificación. A cuantía da penalización segue a ser de 10 puntos.
No caso de dúbidas ou comunicacións de calqueira tipo, podes enviar un mail a eltiempoentuojete@gmail.com ou dende o Formulario de contacto Fala con nós! na páxina principal do blog. (na dereita dos PC’s e embaixo nos teléfonos)