Entorno
Cold Bay e unha pequena poboación do borough (concello) das Illas Aleutianas Orientais, dentro do arquipélago que une o sudoeste de Alaska coa península de Kamchatka, en Rusia. Separan o norte do Océano Pacífico co Mar de Bering, ao norte do arquipélago. Esta é a etapa inaugural do VIII Torneo de Vran de eltiempoentuojete.
Cold Bay conta con un aeroporto, un hotel con bar, unha vella tenda de comestibles e un albergue co único restaurante da cidade. A comunidade conta con entre 100 e 200 persoas, ainda que practicamente ninguén permanece máis dun ano debido a que o persoal do aeroporto e as axencias meteorolóxicas, xunto co Refuxio de Vida Silvestre Izembek é temporal. O evento comunitario máis importante e o Silver Salmon Derby, un concurso anual de pesca.
O enclave tivo importancia durante a segunda guerra mundial, cando se creou Fort Randall coma resposta á invasión xaponesa das Illas Aleutianas. Chegou a contar con máis de 20000 efectivos despois da vitoria aliada no Pacífico. A sua construcción foi ordeada por o xeneral Simón Bolívar Buckner Jr., quen dixo que tiña a intención de cristianizar ós nipóns e a mellor maneira era darlles un enterro cristían.