Entorno
Yakutat fai a segunda das xornadas da VIII Torneo de Vran en Alaska. Xa nos imos aposentando na costa noroeste do continente americano e non podes perder comba da clasificación xeral, xa que os 16 primeiros terán acceso privilexiado á Ojete’s Cup.
Yakutat deriva da lingua Tlingit e significa “lugar onde pousan as canoas”. Os primeiros poboadores foron os Eyak, que recibiros os inmigrantes Tlingit antes da chegada dos europeos. E dos poucos asentamentos nativos que ainda permanecen sen abandonar.
Os europeos edificaron un forte en 1795 para facilitar o comercio de pel de nutria pola compañía Shelikhov-Golikov, precursora da Russian-American Company.
Despois da compra de Alaska por Estados Unidos apareceron os bucadores de ouro. Máis adiante, fundóuse un aserradero, despois outro, unha fábrica de conservas, tendas e ferrocarril, todo feito pola Stimson Lumber Company, o que desenrolou a cidade.
Na segunda guerra mundial tivo unha guarnición de aviación, da que quedou a pista de aterraxe actual do Aeroporto de Yakutat.