3ª xornada

cartel viii torneo de vran 2021 alaska thumb

Sitka

Entorno

Sitka é a escollida para o desenrolo da 3ª etapa do VIII Torneo de Vran en Alaska. Seguimos no arquipélago Alexander, na costa sueste de Alaska. Enclavada na costa oeste da Illa Baranov, pode ser decisiva para o progreso da competición.

O nome de Sitka significa “xente dos aledaños da Illa Baranov” na lingua dos nativos Tlingit, que colonizaron o lugar fai 10000 anos. Os exploradores rusos chegaron en 1799 e déronlle o nome de Forte do Arcanxo Miguel (Fort Arkhangela Mikhaila). O governador da América Rusa, Alexander Baranov auspiciado pola Russian-American Company, fletada polo zar Pablo I e comezaba unha pequena guerra cos nativos Tlingit ata a súa derrota en 1804.

Ainda que o trato para a compra de Alaska polos Estados Unidos cerróuse en abril, non foi ata outubro que se realizou o pago e transferencia de control nesta cidade de Sitka. Pagaron 7,2 millóns de dólares. Foi a sede do goberno de Alaska ata 1906, cando se trasladou a Juneau pola Febre do Ouro do Klondike.

Localización

Datos da estación

A Estación Sitka Airport está ubicada a 57,05º de latitude e -135,36º de lonxitude e a unha altitude de 4,3 metros. Situada, daquela, no borough de Sitka, estado de Alaska, foi dada de alta o 1 de Setembro de 1944.
 

Esta xornada vaise desputar o Domingo 18 de Xullo. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 16 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa