16ª xornada

Ancares

Entorno

Ancares xuzgará esta semana ós apostantes da X Liga da Inverneira de Galicia de eltiempoentuojete. Inmersos de cheo na montaña lucense, a altitude xogará as suas cartas e haberá que estar moi atentos.

Os Ancares é unha serra que separa as comunidades de Galicia e Castela León. Na parte galega exténdese polos concellos de Becerreá, Navia e Cervantes. Atópase entre as concas dos ríos Sil e Navia. Nesta zona podemos visitar castros, iglesias prerrománicas e románicas e castelos medievais. Este espacio natural fai de fronteira entre o clima atlántico e mediterráneo, que engade biodiversidade.

En 2006 Os Ancares foron declarados pola UNESCO Reserva da Biosfera. Consérvanse elementos singulares como as pallozas (vivendas) e as albarizas (construccións circulares de pedra para protexer ás colmeas do ataque dos osos pardos que ainda habitan a rexión. O lobo, o corzo e o urogallo comparten espazo e, entre as aves rapaces, destaca a águia culebreira.

Localización

Datos da estación

A Estación Ancares está ubicada a 42,82º de latitude e -6,92º de lonxitude e a unha altitude de 1364 metros. Situada, daquela, no concello de Cervantes, provincia deLugo , foi dada de alta o 1 de Xaneiro de 2000.
 

Sensores

  • Anemómetro-Veleta
  • Biómetro
  • Piranómetro
  • Pluviómetro de Cazoliñas
  • Pluviómetro de Cazoliñas
  • Sonda de Presión
  • Sonda de Temperatura de Superficie
  • Sonda de Temperatura do Solo
  • Sonda de Temperatura e Humidade

Gañadores anteriores

Estadísticas

Esta xornada vaise desputar o Domingo 7 de Xaneiro. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 5 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa