eltiempoentuojete
X Torneo de Vran. West Bengal
Benvid@s meteoludópatas a un novo desafío de predicción meteorolóxica de eltiempoentuojete. Nesta ocasión a convocatoria é para o Torneo de Vran, que para a súa décima edición desprázase ata o continente asiático para desputar en terras indias o X Torneo de Vran en West Bengal. E antes de nada confirmar que este torneo de só 5 xornadas é a antesala da celebración da Ojete’s Cup, o certamen por eliminatorias que pecha oficialmente o ano climático de eltiempoentuojete.
Polo tanto, non só estamos a falar dunha vitoria final nunha competición senón da necesidade de entrar entre as 16 mellores puntuacións, as que darán acceso á Ojete’s Cup, con probable destino tamén nesta zona do planeta.
A edición 2024 consta de 5 xornadas ó longo da xeografía bengalí, abarcando as provincias do norte máis unha do sur do estado.
O inicio da competición está datado para o 30 de xuño e o remate será o 28 de xullo.
O noso provedor de datos vai ser o IMD, o servizo indio de meteoroloxía nacional. Podes consultar tódolos datos na sua web, ainda que nós proporcionaremos os enlaces precisos para poder seguir o desenrolo da xornada ao vivo. As estacións do Indian Meteorological department actualizan os datos cada 15 minutos, o que fai máis dinámico o xogo. Ante calqueira faio avisaremos o antes posible e tentaremos trocar as estacións que non produzan os datos necesarios.
O horario de apostas segue a ser o mesmo. Aposta antes das 24:00 horas do venres e etapa ao vivo no domingo. O periodo de xogo vai dende as 0:00 horas do domingo ata as 23:59 do mesmo día.
As penalizacións seguen vixentes para @s retrasad@s que aposten despóis do horario previsto.
No caso de dúbidas ou comunicacións de calqueira tipo, podes enviar un mail a eltiempoentuojete@gmail.com ou dende o Formulario de contacto Fala con nós! na páxina principal do blog. (na dereita nos PC’s e embaixo nos teléfonos)