3ª xornada

Castro Vicaludo

Entorno

A terceira rolda da Liga da Inverneira segue o camiño marcado anos atrás. Castro Vicaludo xa é un clásico das xornadas costeiras atlánticas da Liga da Inverneira de eltiempoentuojete. Outro ano máis facemos parada e fonda.

No concello de Oia podemos atopar unha xoia do románico, o monasterio cisterciense de Santa María a Real. Ten a sua orixe no século XII, cunha fachada barroca do século XVIII. Son estes monxes os que importan o cultivo da vide tal coma facían nas abadías cistercienses, podendo degustar hoxe en día grandes caldos baixo a denominación de orixe Rías Baixas. Está considerado monumento nacional dende 1931.

Do mesmo modo introduxeron a cría de cabalos en liberdade nos montes pertencentes o monasterio. Ainda hoxe en día mantense a tradición coa coñecida Rapa das Bestas. Tamén foron coñecidos estes monxes pola sua botica monacal, abastecida por un xardín de prantas medicinais que atendía as necesidades dos veciños.

Localización

Datos da estación

A Estación Castro Vicaludo está ubicada a 42º de latitude e -8,86º de lonxitude e a unha altitude de 473 metros. Situada, daquela, no concello de Oia, provincia de Pontevedra, foi dada de alta o 28 de Abril de 2004.

Sensores

  • Anemómetro
  • Anemómetro-Veleta
  • Piranómetro
  • Pluviómetro de Cazoliñas
  • Sonda de Presión
  • Sonda de Temperatura de Superficie
  • Sonda de Temperatura do Solo
  • Sonda de Temperatura e Humidade

Gañadores anteriores

Estadísticas

Esta xornada vaise desputar o Domingo 13 de Outubro. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 11 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa.