2ª xornada

escudo do concello de viveiro

Penedo do Galo

Entorno

Benvidos meteoludópatas a esta segunda etapa da XI Liga Inverneira e desta volta imos chegar ata a Mariña Occidental na costa norte da nosa comunidade, pertencente o concello de Viveiro, chamado Flavia Lambris polos romanos, están tolos!!
O término municipal de Viveiro atópase atravesado pola ¨Faia de Viveiro” que mide 142 km de lonxitude formada no periodo cámbrico. Viveiro caracterízase pola suavidade das súas temperaturas e a pluviosidade cunha oscilación térmica débil o que nos da un suave inverno e temperaturas moderadas no verao​, típico do clima atlántico, inda que na estación de Penedo de Galo estará interesante a disputa dos refachos. A ver pra onde sopra o vento.

Nesta zona de abraiantes cantís e humedáis coma o que se forma na desembocadura do río Louro, podemos destacar tamén o eucalipto da variedade globulus coñecido como O Avó que foi prantado en 1880 e chega ata os 67 metro de altura, 10.5m de perímetro na súa base un volumen de 75.2 m cúbicos(os de ENCE xa lle votaron o ollo), está considerado como a árbore máis grande de España, ahí é nada.

Pero aparte de natureza e cultura tamén ten boas festas; a Semana Santa de Viveiro e Festa de Interés Turístico internacional, así coma a Rapa das Bestas de Candaoso e a Romaría do Naseiro, que son Festas de Interese Turístico Nacional. E sobre todo o demáis O Resurrection Fest, o faro que nos guía ata a voráxime de sexo, drogas e rock&roll e o que se tercie.

resurrection fest en viveiro

Localización

concello de viveiro en mapa de galicia

Datos da estación

A Estación Penedo do Galo está ubicada a 43,66º de latitude e -7,56º de lonxitude e a unha altitude de 545 metros. Situada, daquela, no concello de Viveiro, provincia de Lugo, foi dada de alta o 1 de Xuño de 2005.

Sensores

  • Piranómetro
  • Pluviómetro de Cazoliñas
  • Sonda de Temperatura e Humidade

Gañadores anteriores

Estadísticas

Esta xornada vaise desputar o Domingo 6 de Outubro. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 4 de outubro ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa