monografías
eltiempoentuojete
Charles Fort, valedor dos condenados
Charles Fort foi un home polémico nos inicios do século XX. Sementou discordia entre os homes ilustrados e científicos da sua época. El Libro de los condenados é a sua aportación a unha incipiente cultura que dubida dos cánones implantados pola ciencia establecida.
Índice
A vida de Charles Fort
Charles Hay Fort naceu o 6 de agosto de 1874 en Albany, estado de New York. Os seus pais rexentaban un ultramarinos onde traballaba de pequeno. Comentaba que a rigorosidade do seu pai, preto do maltrato, forxou a sua personalidade insubmisa ante as regras instauradas.
Foi deses rapaces que pinchan volvoretas e outros insectos en paneis de colección. Tamén gostaba de disecar e conservar animais, unha afición que despois compaxinaría co periodismo. O que daquela chamaban un “naturalista”.
Con 18 anos marchou embarcado nunha xira mundial, como dí él mesmo, “para poñer algo de capital no banco da experiencia”. Caeu enfermo no sur de África e ó seu regreso, en 1896, casou coa rapaza que o atendeu, Anna Filing.
Rato de biblioteca
Foi nesa época que comezou a visitar diariamente a Biblioteca Pública de New York para recopilar artigos que ameazaban o convencionalismo científico.
Máis adiante mudáronse a Londres, onde continuou a labor de recoleción de “datos condenados” no Museo Británico. Do mesmo xeito emprendeu unha carreira como escritor de novelas, ainda que con éxito limitado.
De aproximadamente 10 novelas publicóuse somentes unha, The Outcast Manufacturers, de 1909, un fracaso comercial con críticas benevolentes. Seica non o tomou ben e queimou varios manuscritos, algúns con tintes de ciencia-ficción.
Pero en 1916 morréulle un tío e recibiu unha parte da herdanza. O ano seguinte faleceu o seu irmán, o que incrementou a herdanza e deixóulle nunha situación económica que lle permitiu deixar os traballos de reporteiro e adicarse a escribir sobre o que lle interesaba, os feitos inexplicados.
A maioría dos libros que escribiu obtiveron boas críticas en xeral, realizándose reedicións ainda en vida de Fort.
No tramo final da sua vida cruzóuse coa leucemia, que debilitou a sua saúde e producíulle unha grave perda de visión.
Pero Charles Fort non lle tiña moita confianza ós médicos (coma á maior parte dos científicos) e eludiu o apoio da medicina. Centróuse en rematar a que sería a sua derradeira obra, Wild Talents. O seu editor ensinóulle as copias no hospital do Bronx onde ingresara de urxencia esa mesma mañá do 3 de maio de 1932. Poucas horas máis tarde, morría Charles Fort.
Foi soterrado na propiedade familiar do cemiterio de Albany, New York.
El Libro de los Condenados
Coma resultado das horas somerxido nas bibliotecas recollendo situacións anómalas, viu a luz en 1919, El libro de los Condenados.
El Libro de los Condenados é unha recopilación de feitos ós que a ciencia non foi quen de dar unha explicación plausible. Para a ciencia somentes se toma en conta o que se pode demostrar. Polo tanto, todos eses datos inexplicados descártanse ó esquecemento definitivamente.
Charles Fort pasou moitos dos anos da sua vida recopilando noticias de feitos incomprensibles nos periódicos de todo o mundo. Moitas destas noticias eran de ámbito meteorolóxico, o que levou a Fort a ser o látego de moitos investigadores do clima con base nas ideas preestablecidas.
Nas páxinas de El Libro de los Condenados, Fort “salva do esquecemento” aqueles datos recopilados durante anos en tarxetas que clasificaba en caixas de zapatos.
Un pasarúas grotesco
El Libro de los Condenados levantou bochas entre os meteorólogos. Fort, no seu libro, notifica multitude de chuvias anormais polo seu contido. Dende animais moi reseñados coma rás, sapos e peixes ata larvas e vermes, pasando por lagartos, caracois ou incluso mexillóns. Chuvias e nevadas de distintos cores, chuvias orgánicas, coma carne, graxa ou manteca. Chuvias de papel, seda ou feltro ademáis de multitude de materias xelatinosas, moitas delas con análises químicos sorprendentes.
Tamén reportou caidas de meteoros e obxetos do ceo, estranas postas de sol, lúas de cores variados ou incluso eclipses fora de lugar. Quizáis por iso, tamén castigaba con asiduidade os astrónomos, sobre todo os da vella escola, os que calificaba de astrólogos (os que fan os horóscopos).
O sarcasmo de Charles Fort
Pero El Libro de los Condenados non é somentes unha recopilación de feitos inexplicados. En ela, Charles Fort fai comentarios propios sobre os sucesos e tenta desmontar as teses de moitos notables previos á sua época, coma Tyndall ou o mesmo Darwin.
El libro de los condenados recibiu boas críticas na sua maioría e o libro foi engadindo sucesivas edicións, o que fala ben da popularidade que acadou Charles Fort.
O éxito non somentes viña por un libro que recollía experiencias paranormais, senón pola retórica chea de ironía e humor negro. Os seus elocuentes comentarios sobre os sucesos rezuman sarcasmo cara a arrogancia doutrinal dos científicos de pensamento inflexible. E faino sinalando a moitos dos eruditos da época con nomes e apelidos, instando á apertura de mente e a sair do inmobilismo.
A obra de Charles Fort
El Libro de los Condenados foi o maior éxito de Fort, pero non foi a única que nos deixou. En 1923 publicou New Lands (Nuevas Tierras). Nesta nova entrega exténdese na teoría de dimensións paralelas, o Supermar de los Sargazos, e a interación coa nosa dimensión.
Xa en 1931 sae á luz Lo! está dividido entre a Teletransportación, incluindo o que máis tarde chamaríase Triángulo de las Bermudas e aparicións de animais fantásticos. Na outra parte do libro fai zorza cos astrónomos, incluso dubidando da Teoría da Relatividade de Einstein.
E no 1932 remata a sua produción con Wild Talents, que foi publicado despóis da sua morte. Segue na liña de reportar fenómenos estranos e presenta unha teoría sobre o poder psíquico da mente humana. Tamén afonda en temas coma vampirismo, fantasmas e bruxería, entre outros.
En todos eles trata de rescatar eses datos malditos atopados nos diarios e revistas de todo o mundo, ainda que avanza dende temas meteorolóxicos e astronómicos ata o fenómeno OVNI, poltergeist, combustión espontánea… Pero sempre dende a crítica á ciencia establecida. Cando todos se preguntaban “Por qué?”, Charles Fort respostaba “Por qué non?”.
Charles Fort. Nova filosofía
O monismo foi a sua filosofía, adaptada dos antigos pensadores gregos.
Fort pensaba que tódalas cousas forman parte de tódalas cousas. Todo é a mesma cousa formada pola mesma materia e despóis discriminada por procesos químicos.
Para Fort, os datos condenados eran a clave para atopar a verdade. Predicaba que debiamos abrir a nosa mente para poder integrar os feitos imposibles. Era o que chamaba intermediarismo.
Charles Fort tivo moita influencia en escritores de ciencia-ficción coma H. P. Lovecraft, que recoñecía ter unha visión similar do cosmos.
Outros moitos adaptaron varios dos “feitos condenados”, creando obras de ficción a partires de recortes de realidade. Algúns tan coñecidos coma Poul Anderson ou Arthur C. Clark.
En España chegou a moda forteana da man de dous grandes divulgadores na sua época. O director de cine Narciso Ibáñez Serrador, que realizou “Mañana puede ser verdad” en 1965, e o psiquiatra Fernando Jiménez del Oso, co programa “Más Allá” de 1976, ambos en TVE.
Tamén se poden atopar referencias á sua obra en infinidade de escritos de todo tipo. Na maioría das ocasións malinterpretando o auténtico sentido que Fort quería propugnar.
Un século despóis dos "condenados"
Tes que ter en conta que este libro está escrito no ano 1919, polo que moitas das teorías expostas por Charles Fort xa foron descartadas pola ciencia moderna. Pero o que destaca é que varias delas foron validadas tempo despóis. Outras tantas seguen en vigor tendo en conta que a ciencia ainda non atopou explicación a moitos dos feitos remitidos por Fort.
Fort sostiña que existe un “Super Mar de los Sargazos” na atmósfera ou fora de ela, onde van a parar animais e plantas por “teleportación” e que iso podería xustificar as chuvias de animais, carne, graxa, etc.
Tamén defendía a existencia dunha capa de xeo que gravitaba e de vez en cando desprendía grandes anacos planos e de distinto grosor que se precipitaban sobre determinadas zonas do planeta.
Os "indultados" de Fort
Pero algunhas das suas teorías foron recuperadas pola ciencia coma verdadeiras. É o caso do raio en forma de bola, ou raio globular, que ainda que recoñecido pola ciencia, segue sen ter unha explicación plausible da sua verdadeira natureza.
Quizáis o mellor exemplo dun feito “condenado” que foi perdoado pola ciencia é a dos meteoritos. Charles Fort defendía que a caida de pedras tiña unha orixe extraterrestre, na contra da corrente científica da época que sinalaba unha orixe terrestre. Dábase por sentado que non existía nada fisicamente sólido máis alá da atmósfera. E se non existía, non podía cair.
Para Fort, outras civilizacións do universo visitaban con asiduidade o noso planeta. O avistamento de luces e obxetos sen identificar no ceo xustificaba moitas das suas teorías. Os meteoritos eran as probas destas visitas.
Máis adiante validóuse a orixe extraterrestre de moitos de eses meteoros, dando a razón a Fort. Foi o xerme do que hoxe coñecemos como ufoloxía.
Despóis da morte de Fort, a comunidade científica recoñeceu o chamado “efecto experimentador”. Fort sinalaba que un mesmo experimento podía producir dous resultados diferentes e beneficiar a cada un dos experimentadores. O “efecto experimentador” recoñece a tendencia dos experimentos a homologar ideas preconcebidas. Se fora por Fort, todos os experimentos realizados estarían abertos a dudas no seu método científico.
A herdanza de Charles Fort
No 1931, un ano antes da morte de Charles Fort, fundouse a Fortean Society.
Foi un proxecto entre serio e irónico, coma a sua propia obra, levado a cabo por amigos e seguidores e dirixida pola escritora Tiffany Thayer.
Fort non quixo vincularse á sociedade, alegando que non era unha autoridade en nengún campo e que probablemente atraería a grande cantidade de lunáticos, espiritualistas e opositores á ciencia, grupos considerados contrarios ó espiritu forteano.
Outros grupos forteanos notables son a revista Fortean Times, co estilo periodístico de Charles Fort, ou sexa, investigación, desconfianza e ironía.
A International Fortean Organization (INFO), formada nos anos 60 e que publicou durante décadas o INFO Journal: Science and the Unknown. Son unha rede de investigadores e escritores que se adican a temas científicamente controvertidos e silenciados. Reúnense en conferencias e eventos coma a FortFest, FortNite ou FortScape.
No ano 2000 Tundra Publishing sacou o comic Necronauts (Rennie-Irving), onde Fort, Conan Doyle, Lovecraft e Houdinni loitan contra Lindbergh e reventan zombies a machada. Foi o xerme de Fort: Profeta de lo inexplicable (Lenkov–Irving), presentada en 2002 por Dark Horse Comic, onde investiga crimes con H. P. Lovecraft coma xoven asistente.
Pero tamén podes atopar en internet e nos kioskos un sinfín de publicacións, blogs e diarios dixitais dirixidos a un público que se vai incrementando máis aló do que podería agardar o propio Charles Fort.
O legado forteano
Pero o verdadeiro legado con valor de Charles Fort foi o de dubidar das bases establecidas. Non dar nada por inamovible, por que todo está suxeito a interpretación e non desdeñar sucesos polo simple feito de non atopar explicación polos procedementos preconcibidos.
Este espírito está presente en seudociencias coma a ufoloxía (ovnis), criptozooloxía (arqueoloxía de animais mitolóxicos ou de lendas tradicionais) e a parapsicoloxía (poderes mentais).
O traballo de Charles Fort foi continuado por varios autores, entre o que destaca William R. Corliss, quen xa contaba con un número de notas semellante a que acumulou Fort, preto de 100.000, antes da sua morte e 2011.
Enlaces:
Os escritos de Charles Fort son de dominio público, polo que embaixo están os enlaces a tres dos libros atopados online. Dous deles están en inglés pero o enlace a El Libro de los Condenados está en castelán e realmente merece a pena tanto polos feitos relatados coma pola prosa exhibida para desacreditar ós teóricos do seu tempo. Disfruta da letura!!