Cirrostratos. O ceo enmascarado

O ceo maquillado

As nubes cirrostratos pódense clasificar coma un manto ou capa de nubes livianas na parte máis alta da troposfera. Son brancas ou gris moi claro e a sua transparencia fai que formen fenómenos ópticos, a miudo semellantes ós formados polos cirros. O seu símbolo na terminoloxía das nubes é Cs.

Podes atopalos á mesma altitude que os seus primos, cirros e cirrocúmulos. Polo tanto, tamén están formados por pequenos cristais de xeo. Son as nubes que dan lugar ós fenómenos ópticos, coma os halos de sol e lúa.

Son un tipo de nube que pode semellar anodina. Incluso pode pasar desapercibida. Ten somentes duas especies e outras tantas variedades. A especie fibratus atópase únicamente nos cirrostratos e nos cirros. A especie nebulosus comparte a exclusiva con estratos

O sol sempre estará visible por tras dun cirrostrato. Son unhas nubes tan delgadas e vaporosas que poden chegar a ser compricadas de distinguir. A presenza de halo a cotío anuncia chuvia entre 8-24 horas despóis de acontecido o fenómeno.

Pode ter varias orixes:

  • Por un aumento estable e uniforme do aire quente sobre unha capa máis fria
  • Pola reorganización de algúns tipos de cirros

Especies

Cirrostratus fibratus

Capa con características fibrosas, coma un tecido sedoso e translúcido

Cirrostratus nebulosus

Capa semellante ó vapor, sen apenas detalles.

Fotos de especies

Variedades

Cirrostratus undulatus

Unha capa uniforme con ondulacións paralelas.

Cirrostratus duplicatus

Formación de varias capas, a miudo paralelas.

Fotos de variedades

Características complementarias e nubes accesorias

As nubes cirrostratos carecen de característica comprementaria algunha, ainda que ten un tipo de nube asociada.

Nubes asociadas

Cirrostratus homomutatus

Mutación dun homogénitus pola acción do vento

Nubes accesorias

foto cirrostratos homomutatus da estela dun avión para monografía tipos de nubes
Cirrostratos homomutatus

Identificar cirrostratos

Os cirrostratos son nubes doadas de identificar no ceo, pero tes que pensar que as nubes poden mudar dun tipo ou especie a outra de modo moi rápido. Pódelas ver nas capas máis altas da troposfera. Teñen aspecto de capa uniforme, branquecina. Lixeiras e sedosas cando cubren o sol e a lúa, deixan fenómenos ópticos espectaculares, ó estar formados por cristais de xeo. Sempre deixan adiviñar a posición do sol.  

foto fenomeno optico en lerez con cirrostratos para monografia de tipos de nubes
Fenómeno óptico en Lérez con cirrostratos
foto cirrostratos sobre Alba para monografia de tipos de nubes
Cirrostratos sobre Alba

É cirrostrato cando...

Non é cirrostrato...

Comparando

Apuntes

Ficha técnica dos cirrostratos

Nubes en el Ojete. Nubes en time lapse

Se queres ver videos de Cirrostratos en time lapse, estás invitado a visitar a nosa páxina de YouTube, onde atoparás videos de éstas e outras especies e variedades de nubes.

Fontes:

Atlas internacional de nubes da OMM

whatsthiscloud

As fotos que ilustran este artigo son de Bea Caamaño, agás Cirrostratos fibratus sobre Pontevedra, Halo solar formado por cirrostratos nebulosus e Cirrostratos homomutatus que son do arquivo fotográfico de Fran Torres

Outras monografías