Encumbramento e resignación

A 8ª xornada da X Liga da Inverneira si que deixa desta vez grandes diferenzas tanto no local coma na Clasificación Xeral. A disparidade de apostas víuse reflectida nos resultados finais da etapa coma nun antes nesta edición. O pequeno grupo de meteoludópatas que marcara máis de 15 litros foi o que saiu encumbrado na torre da homenaxe mentras que os de baixa cantidade de auga foron condenad@s ás mazmorras a máis ou menos profundidade. Tres dos ocupantes dos postos de honra no Top-10 foron desterrados cara a chaira máis alá das fronteiras dos heróes. Pero poderán obter a gracia do perdón se son templados e honorables nas próximas datas. Coma o Cid Campeador, poderán voltar se demostran a súa valía predictiva. Neste caso hai que salientar a Landrán, que foi represaliado con unha penalización cando cabalgaba 7º e remata o asedio á Muralla na 6º praza. É un dos heroes da semana, ainda que sen os 5 minutos de retraso estaría a loitar polo liderato. Épico de todas formas.

Pero todo isto tivo consecuencias. A máis importante, o burato existente entre os catro primeiros da xeral e os demais. 12 puntos co resto da comitiva que terá que loitar duro para recuperar o perdido nestas 8 primeiras xornadas.

Ademáis hai que contar que entre o Top-5 da xeral temos a catro das bestas pardas da competición histórica, curtid@s en mil batallas que se asentan nas grandes lendas de eltiempoentuojete. Preto de 20 títulos oficiais e incontables podios xuntan entre Botikas, Verducido, Mina e Beocha. Se eu fose Kaltxon, o líder, pecharía os ollos ante as estadísticas d@s mercenari@s que lle seguen o rastro. Non mires atrás, Kaltxon, nin para a historia nin para os nomes. E sobre todo, no chegues tarde ás apostas…

(Ver estadísticas das competicións)

A etapa en Muralla comezaba sen chuvia, con vento medio e marcando a temperatura mínima final, establecida en 12º C. Cara o abrente rexistrábase apenas medio litro de auga, un vento de 47 km/h. e 13º C. de máxima. A partires dese intre comezaba a mudar a situación e se iniciaba a xornada propiamente dita. Cara as 15:00 horas a máxima chegaba a 15º C. e acumulábase o primeiro litro de chuvia. O vento acadaba os 67 km/h. E chegou Elisa… Ás 22:00 a temperatura tentaba chegar a 16º C., o vento sopraba a 71 km/h. e a chuvia acumulada era de 17 litros. A derradeira hora foi pior. Non se acadaron os 16º C. pero a auga chegaba ata os 25 litros e un refacho a falta de 10 minutos situaba o refacho en 78 km/h., onde case ninguén chegara.

Con estes datos obtemos un gañador en soidade con 55 puntos. Verducido perdeu 2 puntos na temperatura, 1 na pluviosidade e outros 2 no vento. Consistentes apostas que o levan ata a 3ª praza da xeral dende a 9ª que ocupaba. Queda a 6 puntos do liderato á conta do refacho rexistrado a 10 minutos do final, que lle devolveu 3 puntos de renda a Kaltxon. Ainda así, xa é unha ameaza constatable, sobre todo mirando o seu currículo histórico.

Na segunda praza, con 53 puntos atopamos a Beocha, outra vaca sagrada da competición. Perdeu 5 puntos na chuvia, 1 no vento e outro na temperatura. Ocupa a 5ª praza da xeral con terreo por recuperar. Pero ven do posto 19, polo que se pode agardar calqueira cousa.

52 puntos abtiveron os cacheiras da clasificación, Kaltxon e Botikas, con valores de auga preto dos 20 litros e ventos altos. Kaltxon mantén a posición de privilexio conseguida en Cequeliños e xa é aspirante ó título desta edición. Botikas sempre será ameaza, aspirante máximo cada ano tendo coma cualidade a de non errar case nunca.

51 puntos para Rasta, que meteu o uñeiro entre os grandes da Liga. Sube o posto 22 dende o 33. Xornada de espertar para é. Debe aproveitar este momento e non deixalo nunha anécdota.

Mina leva 50 puntos de Muralla, que poderían ser máis de non errar clamorosamente na temperatura mínima, onde deixou 4 puntos. Pero está na 4ª praza a 6 puntos do liderato e tamén ten a estantería chea de premios, polo que será intimidante ata o final da competición.

Estes son os únicos xogadores en superar os 50 puntos. Destacable o burato aberto co resto, onde temos que chegar ata os 40 puntos para atopar xogadores. Alí están Erdogan, que orbita no posto 26 e Mutombo, que esta semana entra no Top-10 pola parte fronteiriza.

Para acadar o resto dos datos recollidos en Muralla nesta 8ª etapa de competición, pica no enlace que ofertamos baixo estas letras.

Saudos e sorte!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *