Despóis duha semana extremadamente húmida, ventosa e, por momentos xeada, atopámonos nunha situación intermedia, ou sexa, inestable. Agárdase un empeoramento progresivo durante o domingo e xa veremos cómo pode afectar ó desenrolo da xornada desta semana, localizada na comarca de Lemos.
Polo de pronto temos apostas na temperatura máxima que oscilan entre os 12 e os 16º C. As mínimas van dende os 7 e os 11º C. As cotas de pluviosidade son baixas, entre 1 e 5 litros, con duas “machadas” que medran ata os 10 litros. O refacho de vento, coma sempre moi variado, bascula dende os 14 ata os 61 km/h.
Desta maneira agardamos unha xornada moi competida, con chuvia pequena pero persistente, pouca oscilación térmica e vento medio. Pero entre o agardado e o sucedido han de pasar moitas cousas, que podes seguir a partires da 01:30 dende este enlace ao vivo.