A 22ª xornada da Liga da Inverneira semella que se vai desputar sobre seco. Despois do paso dunha fronte potente pero curta e, na espera de novas frontes na semana próxima, este domingo a tranquilidade vai reinar en Punta Candieira, co concello de Cedeira.
As apostas en temperatura máxima están moi pechadas e van dende os 13 ata os 17º C. Os valores para as mínimas sen embargo, son moi abertas e oscilan entre 6 e os 14º C. As precipitacións son unha utopía na que se reclutan 2 apostas de 1 e 2 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 38 ata os 104 km/h., máis amplas que nunca.
Variable amplitude nos parámetros de predicción de temperatura e grande para vento, polo que estamos ante unha xornada cun resultado moi difícil de augurar e co desafío de coronar un ou vari@s heroes. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:40 desta mesma madrugada e dende a mañanciña do domingo ata o final do día. Tí podes estar entre os mellores!!
As apostas:

