Somentes faltan catro xornadas para o desenlace final do campionato e ainda quedan moitas cousas por dirimir na clasificación xeral. Como poidemos ver nesta 22ª etapa en Punta Candieira, calqueira día pode ser bó para facer unha falcatruada. Un domingo sen chuvia, coa estación moi preto do mar e que semellaba de transición convertéuse nunha oportunidade para vari@s meteoludópatas de mellorar a súa posición e incluso de seguir a soñar con metas antes moi compricadas. O vento foi o factor decisivo nesta xornada e notóuse nas diferenzas.
A temperatura mínima chegou na noitiña ata os 9º C., na media das prediccións dos mellores desta edición. Pola tarde acadóuse a máxima diaria con 15º C., na media da maioría dos pronósticos. O baleiro de chuvia sí que era agardado, e o vento marcou un refacho máximo de 99 km/h. que deixou tesos a gran cantidade de apostantes.
Desta inestabilidade eólica saíu beneficiado o de sempre, ainda co coitelo entre os dentes para tentar atrapar á sensación do ano. Botikas sumou 58 puntos para gañar en soidade e achegarse un pouco ó liderato. Tendo a aposta máis alta en vento, foi o mellor puntuado. Somentes perdeu un punto na temperatura e outro no vento. 3ª vitoria nesta liga, primeira en soidade e xa pode ter o desempate no seu favor en caso de coller a Magor. Sacóulle 6 puntos e a distancia queda reducida a 8 a falta de 4 etapas. Lonxe, pero máis preto.
Con 56 puntos entran 4 xogadores que tiñan unha marca superior ós 80 km/h. A ousadía tivo premio. Landrán, dende o fío do Top-10, pasa a ser integrante de feito neste club de elite e ainda ten marxe de mellora. Julio sube un posto ata o 6º, segfuido por Verducido cos mesmos puntos pero menos vitorias. Atópanse a 6 puntos da 5ª praza pero aspiracións non lles faltan. Á mesma distancia está Beocha do podio que ostenta Popolo, despois de superar a Mina por refacho. Moito que dicir nas primeiras prazas.
Marius achégase a un grupo que antes semellaba inalcanzable e soña con superar o 18º posto actual. Pero con 55 puntos está nunha posición de ataque e coa moral polas nubes.
Os 53 puntos de Popolo permítenlle seguir sen moito agobio no derradeiro chanzo do podio, pero se continúa sen mirar cara atrás pode ter un serio problema, os persecutores non son para botarse a durmir e veñen quentes abondo para chucharlle a diferenza.
E con 52 puntos entraron Magor, Rasdgar e Kaltxon en amigable compaña. Kaltxon segue a estela de Marius para trepar o antes posible onde lle corresponde. Rasdgar segue na loita para entrar no Top-10 subindo dende o 17º lugar ata o 13º. Magor perdeu puntos, pero semella que pode distribuir a diferenza para proclamarse vencedora da competición despois de anos de tiranía de Botikas e Verducido. Pero que non se relaxe moito…
Nota: A clasificación xeral mostratrocadas as derradeiras duas xornadas. Esta de Punta Candieira móstrase como antepenúltima e como última amósase a de Fornelos. Polo resto, o marcador é o que ten que ser.
Esta foron as 10 mellores puntuacións na 22ª xornada, desputada en Punta Candieira. Para acadar tódolos datos xurdidos desta etapa pica no enlace que ofertamos baixo este texto.