Semella que este ano Meteogalicia non é fiable. Demasiadas incidencias nas estacións meteorolóxicas participantes na X Liga da Inverneira de eltiempoentuojete. Eso sí, a maioría das veces é unha historia repetida. Faios no anemómetro da estación. Esta semana, en Ancares, a enésima deficiencia técnica dos seus barosanemos (único sinónimo atopado). Despois de amosar durante todo o día un refacho de vento de 72 km/h. (ningunha predicción falaba de nada superior ós 40 km/h.) e incluso chegou a incluirse nos datos históricos (que dan validez ós rexistros), Meteogalicia enviou esa marca ao ostracismo e decidiu invalidar calqueira dato recollido. Incluso durante un tempo os datos históricos do día chegaron a amosar 18 litros de chuvia recollida!!, como puido observar Modesto, gañador de primeira hora e condenado ao ostracismo xunto co refacho. Finalmente os resultados son os que podedes consultar no botón de enlace no final deste artigo.
O final o dato de chuvia foi rexeitado e levado a 0 e as marcas de temperatura máxima acadaron os 5º C. e o da mínima os -3º C.
E seguro que para sorpresa propia o gañador foi Lukas, que fixo pleno nos parámetros xogados para un total de 40 puntos (o máximo posible). Mallóuno todo (menos a incógnita do vento) e vence en soidade nesta xornada anómala. Chega ata as portas do Top-20 superando a Lume por vitorias, a segunda conseguida nesta edición.
Por tras un grupo de 4 participantes con 39 puntos. O malogrado Modesto, xa a tiro de pedra do Top-10, Xowi, recén ingresado no mesmo, Breogán77, que acada a 7ª praza a conta de Compoñente Sur e Popolo, rival antolóxico de Modesto.
Con 38 puntos atopamos a Landrán, que volve ameazar a Mina pola 5ª praza, e xunto a el, Víbora, Mingos e Balboa loitando a brazo rachado por entrar no desexado Top-10 que mantén este último. Magor levaba unhas semanas silente pero esta marca pode aupalo máis alá da 20ª posición que ocupa dende fai un mes.
Estes son os 10 mellores marcadores desta 16ª etapa da Liga da Inverneira. Para acadar tódolos datos da xornada (os que non frustrou Meteogalicia) podes picar no botón de enlace que ofertamos baixo estas letras.
P.D. Esta semana visitamos Calvos de Randín, cunha das máis famosas xeadas do país. Atrévete a gañar no coxelador!!