Anticiclón frio e seco

Por riba do 1200 m. de altitude en Ancares imos desputar a 16ª xornada da Liga da Inverneira nun ambiente anticiclónico. Primeiras temperaturas baixo 0 da tempada é o que nos imos atopar no concello de Cervantes que será ainda máis frio coas prediccións de vento frouxo que pronostica xeadas importantes. Haberá que ver onde chegan esas temperaturas no mediodía co sol no alto…

E non serán as apostas o que nos poña de acordo ós meteoludópatas apostantes nesta xornada. As prediccións nas temperaturas máximas oscilan entre os 2 e os 10º C., cunha aposta arriscada de 14º C. No que atinxe ás mínimas atopamos valores que van dende os 2 ata os -6º C., cunha aposta peregrina que chega ata os 6º C. positivos. Do mesmo apostante atopamos a única aposta en mollado con 2 litros acumulados. O resto de casiñas están baleiras. Polo que respecta ós refachos de vento, as apostas varían dende os 9 ata os 64 km/h. ainda que a maioría de participantes optou por unha marxe de 15-40 km/h.

Para ser unha xornada anticiclónica as diferenzas son grandes polo que non deberías de deixar de seguir a xornada ao dende este enlace a partires da 01:30 horas desta mesma madrugada e pola mañanciña do domingo en seguimento contínuo ata o remate do día. Promete ser apaixoante. Acompáñanos neste carrusel ao vivo!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *