Estreitando a Clasificación

A 12ª etapa da OjeteQuake deixa unha morea de penalizaciones e unha xornada onde o terremoto máximo non tivo competencia dende ben cedo na madrugada.

Cara as 02:00 horas, no inicio da xornada, producíase o sismo que sería o escollido por magnitude no final do día. O tremor localizóuse a uns 100 kms. de Atico, na fronte da costa do estado de Arequipa, en Perú. A magnitude acadada foi de 5,7 Mg., moi por riba do resto de sismos do domingo, que non superaron os 5 Mg. Poucas apostas atopamos nesa zona do planeta.

Neste escenario xurde un gañador en soidade. Botikas situou a súa aposta sísmica ó sur da Illa de Pascua, con 5,7 de Magnitude e valéulle para levar a etapa con 440 puntos, acadando a súa 5ª vitoria histórica nesta competición e entrando no Top-5. Na clasificación actual colócase na 11ª posición, a tiro de pedra do Top-10.

Marius foi o outro participante que superou os 400 puntos cunha aposta nas Illas Sandwich, a certa distancia do epicentro, pero mallando a Magnitude do sismo peruano. Chega ata o posto 23 da xeral.

370 puntos achegou Kaltxon no seu marcador cunha predicción para sismos nas Illas Salomón e con 5,6 de magnitude augurada. Ainda tendo unha penalización, recupera o liderato da Clasificación xeral.

358 sumou Julio dende a mesma zona, nas Illas Salomón. Mallou a magnitude e sitúase na 6ª praza da xeral, tamén con penalización arrastrada.

Pero todo isto non valería se Aki non chegara tarde. Con predicción localizada entre a República Dominicana e Puerto Rico e magnitude de 5,6 Mg., sería o vencedor se non fora polo retraso. 356 puntos suma, penalización incluida, para completar o Top-5 da 12ª xornada. Na xeral podes atopalo no posto 22.

Para coñecer tódolos detalles da 12ª etapa da OjeteQuake 2022, preme no botón con enlace que atoparás baixo este texto.

Recorda que este fin de semana comeza a IX edición do Torneo de Vran en Brahmaputra. Os menús deberían conter todo o necesario para poder apostar na primeira xornada (alomenos), pero axudaríanos moito que nos reportedes os errores ou carencias que atopedes. Primeira etapa en Manipur, co monzón coma ameaza de fondo. Agardamos por tí…

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *