Inédita a xornada desta semana na Liga da Inverneira. Calvos é a estación meteorolóxica de Calvos de Randín, onde as temperaturas mínimas mexan “cubitos” por riba de lugares coma Manzaneda ou Lardeira. Semella que o episodio de friaxe rematou, pero iso xa se falou para este xoves, ainda que onte mesmo acadou os -11º C. Todo vai depender de se o ceo estará anubrado ou non. De estar nubrado, as mínimas poderían quedar en valores “normais”, pero se queda despexado e sen vento, a xiada será terrible.
Nas apostas atopamos por igual partidarios do nubrado e da xeada. As temperaturas máximas van dende os 6 ata os 15º C. Tamén as mínimas teñen moita amplitude, con valores que van dende os 3 ata os -7º C. As apostas en pluviosidade están baleiras, non sendo por unha aposta “cun par…” de litros. As predicións de refacho de vento son baixas con valores concentrados entre os 12 e os 30 km/h. agás unha aposta de 36 e incluso un 68, case triplicando a media xeral.
Daquela temos por diante unha xornada a explorar, sen referencias pasadas, con apostas moi variadas e incluso a ameaza de pleno ronda o domingo. Supostamente o refacho acadará o seu máximo cando a temperatura máxima desconxele o anemómetro. As mínimas podense dar tanto de madrugada coma na tardiña do domingo. Podes seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires da 01:30 desta mesma madrugada.