De novo a chuvia foi protagonista nesta 21ª xornada da Liga da Inverneira e de novo a lideresa indiscutíble Magor deixou claro que esta liga é súa e ninguén lo vai descutir. Pouca auga para o que adoita ofrecer Fornelos pero suficiente para marcar ou achegar diferenzas na clasificación xeral. A falta de 5 xornadas semella que a vitoria final en Xesteiras xa ten dona, pero o resto da távoa ainda ten moito que dicir. Ou non é así?
A temperatura mínima chegou na noitiña ata os 6º C., na media das prediccións dos mellores desta edición. Pola tarde acadóuse a máxima diaria con 13º C., na media da maioría dos pronósticos. Os 6 de chuvia sí que eran agardados, pero mallada por poucos meteoludópatas e o vento marcou un refacho máximo de 38 km/h.
E destes resultados sacamos 2 gañadores en amor e compaña con 57 puntos. Compoñente Sur e Beocha fixeron ó unísono a súa estrea vitoriosa nesta edición da Liga da Inverneira. Compoñente Sur mallou as temperaturas, perdeu un punto na chuvia e 2 no refacho. Pola súa banda, Beocha fixo pleno na chuvia e deixou cadanseu punto no resto de parámetros. Compoñente Sur sube dende o 17º posto ata o 15º, entrando no grupo que ainda loita por un Top-10 cada vez máis preto. Beocha alonxa ós persecutores, mantén a posición e volve ameazar ós seus inmediatos opoñentes cara un Top-3 ainda posible. O asalto dos Top!!
56 puntos para Marius e Verducido. Mantén a posición Marius, que dende terra de ninguén agardará un erro ou fará épica para subir ainda máis na xeral. Verducido iguala a puntuación de Julio e ameaza a Sarabia despois de 2 etapas decentes en pos dunha melloría no final de competición.
E con 55 puntos, Magor e Mina, as donas mellor clasificadas desta edición. Magor engade 3 puntos na renda sobre Botikas e semella que pode comezar a facer a festa dos campións. A súa puntaría pluviométrica vai ser tema de estudo. Mina dende o 4º posto ainda soña con acadar o Top-3 de acceso ó podio mantendo distancia coas outras dúas donas “na llama”, Sarabia e Beocha. Mulleres protagonistas!!
E sumando 54 puntos, Popolo e Landrán, que segue a achegarse ó Top-10, co 11º posto na man e a pouca distancia dos mellores. Popolo segue a ostentar o derradeiro chanzo do podio ainda que vai perdendo puntiños coas rapazas, e recuperando terreo con Botikas. Cando hai calidade ainda hai tempo!!
Nota: recuperóuse a puntuación perdida de Kaltxon na xornada de Lardeira, extraviada da clasificación. Pedimos humildemente desculpas.
Esta foron as 8 mellores puntuacións na 21ª xornada, desputada en Fornelos. Para acadar tódolos datos xurdidos desta etapa pica no enlace que ofertamos baixo este texto.